Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 3 de xullo de 2017 Páx. 32315

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 21 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de bolsas para realizar estudos no Centro Superior de Hostalaría de Galicia, e se convocan para o curso 2017/18.

BDNS (identif.): 352774.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiario

Poderá solicitar estas bolsas o alumnado que reúna os requisitos académicos e económicos que establece esta resolución e teña feito, se procede, a reserva de praza nalgunha das titulacións do Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG) para o curso 2017/18.

Segundo. Obxecto

Establecemento das bolsas de matrícula e de excelencia, en réxime de concorrencia competitiva, para o alumnado que curse as titulacións que imparte o Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG) para o curso 2017/18.

1. As modalidades de bolsa alcanzarán unicamente unha parte porcentual dos prezos da matrícula en réxime externo da titulación en que se matricule.

2. Segundo a contía, as bolsas distribúense da seguinte forma:

Bolsas tipo I: cobren aproximadamente o 80 % da matrícula en réxime externo.

Bolsas tipo II: cobren aproximadamente o 50 % da matrícula en réxime externo.

3. Conforme os requisitos académicos e económicos, se é o caso, as bolsas divídense en dous grupos:

A) Bolsas de matrícula.

a) 6 bolsas tipo I para o 1º curso de diploma superior en xestión hoteleira.

b) 12 bolsas tipo II para o 1º curso de diploma superior en xestión hoteleira.

c) 3 bolsas tipo II para o 1º curso de certificado de elaboración e xestión en cociña.

B) Bolsas de excelencia.

2 bolsas tipo I para o 1º curso de diploma superior en xestión hoteleira.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 21 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de bolsas para realizar estudos no Centro Superior de Hostalaría de Galicia, e se convocan para o curso 2017/18.

Cuarto. Importe

Bolsas tipo I: cobren aproximadamente o 80 % da matrícula en réxime externo.

Bolsas tipo II: cobren aproximadamente o 50 % da matrícula en réxime externo.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. Aboamento e xustificación

Unha vez publicada a resolución de concesión no Diario Oficial de Galicia, o/a beneficiario/a poderá descontar dos prezos da matrícula o tipo de bolsa que lle foi concedido.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2017

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia