En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral se acordou depositar a modificación dos artigos 1 (constitución, denominación), 3 (domicilio social), 5 (fins), 18 (xunta directiva), 21 (socios), 36 (cota de inscrición) e 41 (liquidación) dos estatutos da Asociación Galega de Comercializadores de Mariscos (Agacomar).
Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
Ámbito profesional: poderán pertencer á asociación todas as empresas, sexan persoas físicas ou xurídicas, con traballadores a cargo, dedicadas á actividade que se sinala no artigo 1, sexa por si ou por representantes debidamente autorizados.
Asinantes: Juan Manuel Alfonso Outeda (presidente), Yolanda Rodríguez Bouzón (secretaria en funcións), Abelardo Rodríguez Martínez, Roberto Pernas Palmeiro, José Currás González e Enrique Coo Álvarez.
Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2017
Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego