Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 3 de xullo de 2017 Páx. 32412

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 20 de xuño de 2017, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación do monte Coto da Cidá, solicitado a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Quintela, parroquia de Quintela (Crecente), e se abre un período dun mes para a práctica de alegacións.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión do día 14 de decembro de 2016, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do seguinte monte:

Concello: Crecente.

Parroquia: Quintela.

Nome do monte: Coto da Cidá.

Cabida: 15.589,2 m2 (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte: camiño asfaltado, Felicidad Recarey Bello (polg. 16, parcela 1309), Elena Estévez Gómez (polg. 16, parcela 1310), Víctor Martínez Estévez (polg. 16, parcela 1311), Guillermina Estévez Vallejo (polg. 16, parcela 1312), Manuel Estévez Domínguez (polg. 16, parcela 1314).

Sur: Antonio Estévez Vallejo (polg. 16, parcela 1256), María Florinda Rodríguez Rodríguez (polg. 16, parcela 1257), Manuel Sánchez Rivera (polg. 16, parcela 1262), Concepción Corbal Pérez (polg. 16, parcela 1263), Elisa Moure Pérez (polg. 16, parcela 1288).

Leste: María Cruz Alonso Estévez (polg. 16, parcela 1316), descoñecido (polg. 16, parcela 1355), Benito Blanco Vázquez (polg. 16, parcela 1302), Manuel Carpintero Oliva (polg. 16, parcela 1299), Margarita Rodríguez Fernández (polg. 16, parcela 1297), Francisco Martínez Pérez (polg. 16, parcela 1296), José Rodríguez Martínez (polg. 16, parcela 1294), María Álvarez Martínez (polg. 16, parcela 1292), Aurora Pérez Pérez (polg. 16, parcela 1291), Manuel Carpintero Oliva (polg. 16, parcela 1289).

Oeste: camiño asfaltado, Antonio Vallejo Estévez (polg. 16, parcela 1250), Os Carajiños (polg. 16, parcela 1251), Juan José Pérez Martínez (polg. 16, parcela 1252), Cándido Manuel López Gil (polg. 16, parcela 1253), José Fernández Rivera (polg. 16, parcela 1254).

O que se pon en coñecemento de todas as persoas interesadas, indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que coiden convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Pontevedra, 20 de xuño de 2017

Amalia Elsa Pazos Pintos
Instrutora