Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 3 de xullo de 2017 Páx. 32378

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 171/2017).

Eu, Mariña Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 171/2017 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Marcos Álvarez Salgado contra a empresa Transyband, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Parte dispositiva

Dispoño: despachar orde xeral de execución do título indicado a favor do executante Marcos Álvarez Salgado fronte a Transyband, S.L., parte executada.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición, a interpoñer no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da/das infracción/s cometida/s na resolución, cumprimento ou incumprimento de orzamentos e requisitos procesuais exixidos e/ou oposición á execución despachada nos termos previstos no artigo 239.4 da Lei reguladora da xurisdición social, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución recorrida.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

A maxistrada xuíza. A letrada da Administración de xustiza.

Cítase igualmente a Transband, S.L. para a celebración da comparecencia, que terá lugar o próximo día 20 de xullo de 2017 ás 9.25 horas, na sala de vistas nº 3 deste xulgado, sito na rúa Berlín, s/n».

E para que sirva de notificación e citación en legal forma a Transband, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza