Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 3 de xullo de 2017 Páx. 32439

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de información pública de modificación de estudo de detalle no parque empresarial das Gándaras.

A Xunta de Goberno local, en sesión que tivo lugar o día 14 de xuño de 2017, aprobou inicialmente a modificación do estudo de detalle para a ordenación de volumes da parcela K1.1 en relación coa parcela segregada K1.11 do parque empresarial das Gándaras, solicitado por Inversión y Administración Inmobiliaria BP, S.L.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo dun mes durante o cal poderá ser examinado no Servizo de Urbanismo deste concello (rolda da Muralla, nº 197) e presentarse as reclamacións ou suxestións que se desexen.

Lugo, 26 de xuño de 2017

A alcaldesa
P.D. (Decreto 16008543)
Xosé Daniel Piñeiro Villares
Tenente-alcalde delegado da Área de Desenvolvemento Sostible e Persoal