Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 5 de xullo de 2017 Páx. 32724

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2017 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación da redacción do proxecto de dirección de obra da rehabilitación do Edificio Faraday (expediente 317/17).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

• Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

• Enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais Campus As Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo 36310.

• Teléfono: 986 81 35 51.

• Telefax: 986 81 38 57.

• Correo electrónico: xscont@uvigo.es

• Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.tablon2.uvigo.es/index.asp?idm_abr=ga

• Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 317/17.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: redacción do proxecto e dirección de obra da rehabilitación do Edificio Faraday na ETEA.

c) Lugar de execución/entrega:

• Enderezo: Campus de Vigo.

• Localidade e código postal: Vigo 36310.

d) Prazo de execución: proxecto básico: un mes desde a sinatura do contrato. Proxecto de execución: tres (3) meses desde a sinatura do contrato. Dirección de obra: segundo a duración da obra. Documentación final: un mes desde a recepción da obra.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 71242000-6 elaboración de proxectos e deseños, orzamentos; 71247000-1 supervisión de traballos de construción.

g) CPA: M: 71.11.22 servizos técnicos de arquitectura para proxectos de edificios non residenciais.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os indicados no número 16 da folla resumo de características do prego.

4. Valor estimado del contrato: 177.000 €. Primeiro premio: 10.000 € (este importe subsúmese dentro do concepto de proxecto básico); segundo premio: 7.000 €; terceiro premio: 3.000 €.

5. Importe de licitación: 167.000 €. IVE que se vai soportar: 35.070 €.

6. Garantías exixidas.

• Provisional: non se exixe.

• Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

• Complementaria: non se exixe.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica financeira e solvencia técnica e profesional: as que se indican respectivamente nos números 11 e 12 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no número 13 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o cuadraxésimo día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

b) Modalidade de presentación: papel, tres sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

• Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

• Enderezo: Edificio de Xerencia Servizos Centrais, planta baixa. Praza de Erasmo, s/n, Campus das Lagoas, Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo 36310.

• Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para sobres B e C na sala de xuntas de Xerencia da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: Edificio de Xerencia e Servizos Centrais, 2ª andar. Praza de Erasmo, s/n, Campus das Lagoas-Marcosende.

c) Localidade e código postal: Vigo 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario, aproximadamente: 1.300 euros.

Vigo, 27 de xuño de 2017

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 7.5.2014; DOG do 13 de maio)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo