Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 6 de xullo de 2017 Páx. 32915

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1070/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1070/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marina Díaz Naya contra Gestión de Espacios Deportivos, S.L. e Fogasa sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxo encabezamento e decisión é do teor literal seguinte:

«Sentenza número 334/2017.

A Coruña, 14 de xuño de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento número 1070/2016, seguidos ante este xulgado por instancia de Marina Díaz Naya, representada polo letrado Felipe Martínez Ramonde, contra Gestión Espacios Deportivos, S.L. e Fogasa, que non comparecen, procedo a ditar sentenza de conformidade cos seguintes,

Decido:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Marina Díaz Naya contra Gestión Espacios Deportivos, S.L. e declaro improcedente o despedimento da traballadora e ante a imposibilidade de readmisión, declaro extinguida a relación laboral desta coa empresa demandada, con efectos a data da presente resolución, condenando a empresa a estar e pasar por esta declaración e a aboar ao demandante unha indemnización de 1.126,12 euros e salarios de trámite por importe de 4.875 euros.

Así mesmo, condénase a Gestión Espacios Deportivos, S.L. a aboar á demandante a cantidade de 2.081,78 euros.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a LAX, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Gestión de Espacios Deportivos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza