Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 6 de xullo de 2017 Páx. 32959

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 22 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-CO-0941/2016-PPM e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-CO-0941/2016-PPM e dous máis.

A eficacia do acto queda supeditada a súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c), da mesma lei.

A Coruña, 22 de xuño de 2017

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

Interesado/a

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-0941/2016-PPM

Enmanuel Rivas Gey

53486827M

Resolución

Conchido, 2, nº 17, Escarabote, Boiro

PSC-CO-0925/2016-PPM

Jacinto Rodríguez Pérez

76779647N

Resolución

Avda. da Constitución,

91, 4º C, Boiro

PSC-CO-0814/2016-PPM

Jesús Igor Hermo González

53483528H

Resolución

A Madanela, 85-2º, Escarabote, Boiro