Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 7 de xullo de 2017 Páx. 33174

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 6 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, no que se fai público o informe ambiental estratéxico da modificación puntual número 7 do Plan xeral de ordenación municipal, modificación das categorías de solo rústico, no concello de Curtis (expediente 2017AAE2014; código 1913/2017).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico do 5 de xuño de 2017, sobre a modificación puntual número 7 do Plan xeral dew ordenación municipal, modificación das categorías de solo rústico, no concello de Curtis.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: http://cmaot.xunta.gal/busca-por-palabra-clave

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2017

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático