Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 7 de xullo de 2017 Páx. 33185

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 19 de xuño de 2017, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-01152-O-2017 e oito máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña acordou a incoación do expediente sancionador número XC-01152-O-2017 e oito máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Outórgaselles un prazo quince (15) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto de que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

A Coruña, 19 de xuño de 2017

César Concheiro Ceide
Instrutor xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

XC-01152-O-2017

2420-FGV

Rutas Coruña, S.L.

B15929292

A utilización do tacógrafo sen realizar a súa calibración ou revisión periódica nos prazos e forma establecidos.

17.2.2017; 9.40; AC-190; 1,1

Art. 140.34 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

XC-01594-O-2017

4300-FNJ

Ferralla Lois, S.L.

B15431398

A realización de transporte privado ao abeiro dunha autorización caducada, revogada ou que por calquera outra causa perdese validez.

5.4.2017; 9.11; N-6; 581,5

Art. 141.14 LOTT

Art. 143.1.e) LOTT

601 euros

XC-01614-O-2017

7735-FSX

Abad Ruiz, Francisco Javier

16528027C

Exceso no tempo de condución bisemanal (90 horas). Máis de 90 horas ata 100 horas.

16.3.2017; 10.39; N-VI; 577,5

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-01619-O-2017

7735-FSX

Abad Ruiz, Francisco Javier

16528027C

Diminución do descanso diario normal (sobre 11 horas). Igual ou superior a 10 horas e inferior a 11 horas.

16.3.2017; 10.41; N-VI; 577,5

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-01620-O-2017

7735-FSX

Abad Ruiz, Francisco Javier

16528027C

Diminución do descanso semanal normal en máis de 9 horas. Igual ou superior a 24 horas e inferior a 30 horas.

16.3.2017; 10.37; N-VI; 577,5

Art. 140.37.6 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.500 euros

XC-01627-O-2017

6623-FKP

Transesqual 2013, S.L.U.

B49277429

Diminución do descanso diario reducido (sobre 9 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas.

21.3.2017; 10.46; N-634; 679,0

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-01628-O-2017

6623-FKP

Transesqual 2013, S.L.U.

B49277429

Diminución do descanso diario fraccionado (sobre 3+9 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas.

21.3.2017; 10.49; N-634; 679,0

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-01639-O-2017

4216-CVP

Suministros Industriales Cire, S.L.

B15342652

Realizar transporte privado complementario de mercadorías sen levar a bordo do vehículo o orixinal da copia certificada (autorización de transporte).

27.4.2017: 17.15; N-547; 64,5

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

XC-01753-O-2017

9232-JXM

Transportes Anmasa 2014, S.L.

B70412390

Atenuante: realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

19.4.2017; 14.36; AC-445; 7,0

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT

801 euros