Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 11 de xullo de 2017 Páx. 33519

III. Outras disposicións

Instituto de Estudos do Territorio

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2017 pola que se dá publicidade aos convenios subscritos por este organismo autónomo no primeiro cuadrimestre do ano 2017.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto de Estudos do Territorio no primeiro cuadrimestre do ano 2017, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2017

Inés Santé Riveira
Directora do Instituto de Estudos do Territorio

ANEXO

Convenio

Obxecto do convenio

Aportación económica
do IET

Data de

sinatura

Convenio de colaboración entre o Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, para elaborar o protocolo de aplicación e desenvolvemento de exemplos de utilización da Guía de cor e materiais das doce grandes áreas paisaxísticas de Galicia

Elaborar o protocolo de aplicación e desenvolvemento de exemplos de utilización da Guía de cor e materiais das doce grandes áreas paisaxísticas de Galicia a través dun traballo exhaustivo de análise e procesamento do material acadado no desenvolvemento do convenio de colaboración, formalizado o 21.6.2016, para desenvolver a Guía de cor e materiais das doce grandes áreas paisaxísticas do catálogo das paisaxes de Galicia

48.000 €

17.2.2017

Convenio de colaboración entre a Universidade de Salamanca e a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e do Instituto de Estudos do Territorio no Máster Xeotecnoloxías Cartográficas en Enxeñaría e Arquitectura

Establecer as condicións polas que o Instituto de Estudos do Territorio e a Universidade de Salamanca van colaborar na realización das seguintes actividades do Máster Xeotecnoloxías Cartográficas en Enxeñaría e Arquitectura co fin de promover o futuro desenvolvemento profesional e o acceso ao mercado laboral dos/das futuros/as titulados/as universitarios/as:

– Desenvolvemento de proxectos de fin de máster na empresa

– Prácticas de alumnos/as

Sen aportación económica

22.3.2017

Convenio de colaboración entre o Instituto de Estudos do Territorio, a entidade pública empresarial Augas de Galicia e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega), para o desenvolvemento dun programa de educación para a sustentabilidade dos ríos (Proxecto Ríos)

Establecer as condicións que rexerán a participación e colaboración entre as partes asinantes para desenvolver as actividades e actuacións planificadas para o ano 2017 no marco do Proxecto Ríos

Sen aportación económica

28.3.2017

Addenda ao protocolo de colaboración entre o organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio e a Fundación Eduardo Pondal para o desenvolvemento de actividades relacionadas coa protección, xestión e ordenación da paisaxe

Prorrogar por un ano o protocolo de colaboración entre o organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio e a Fundación Eduardo Pondal para o desenvolvemento de actividades relacionadas coa protección, xestión e ordenación da paisaxe formalizado o 19.4.2016

Sen aportación económica

19.4.2017