Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 11 de xullo de 2017 Páx. 33470

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2017 pola que se aproban as bases para a concesión de subvencións para a promoción e difusión do cinema galego en festivais e mostras de cinema de prestixio nacional e internacional que se celebren fóra de Galicia, e se convocan para o ano 2017.

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) é unha entidade de dereito público con personalidade xurídica propia, patrimonio propio e autonomía na súa xestión, que ten por obxecto o impulso e a consolidación do tecido empresarial no sector cultural galego, segundo o previsto nos artigos 3, 4 e 5 da Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais. A Axencia Galega das Industrias Culturais é o organismo en que a Xunta de Galicia, coa participación necesaria dos sectores culturais implicados, centraliza os programas de apoio destinados a reforzar o papel dos creadores individuais, empresas e industrias culturais privadas, dentro do obxectivo xenérico de promoción e fomento da cultura galega impulsado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. O obxectivo da Axencia é contribuír á consolidación do sector cultural galego para promover un tecido empresarial capitalizado, competitivo e innovador, fomentar a creación e potenciar a comercialización de bens e servizos culturais de calidade, favorecendo a difusión da lingua e da cultura galegas como elementos singularizadores. A Axencia pretende fomentar a demanda de produtos culturais na sociedade galega e, pola súa vez, aumentar a exportación.

Tal e como establece a Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinema, na súa exposición de motivos «a actividade cinematográfica e audiovisual conforma un sector estratéxico da nosa cultura e da nosa economía. Como manifestación artística e expresión creativa, é un elemento básico da entidade cultural dun país. A súa contribución ao avance tecnolóxico, ao desenvolvemento económico e á creación de emprego, xunto á súa achega ao mantemento da diversidade cultural, son elementos suficientes para que o Estado estableza as medidas necesarias para o seu fomento e promoción, e determine os sistemas máis convenientes para a conservación do patrimonio cinematográfico e a súa difusión dentro e fóra das nosas fronteiras. Todo iso considerando que a cultura audiovisual, da cal sen dúbida o cinema constitúe unha parte fundamental, está presente en todos os ámbitos da sociedade actual».

Con esta convocatoria de axudas, a Axencia Galega das Industrias Culturais quere seguir impulsando un marco de actuación cultural baseado en tres premisas substanciais:

1. O impulso do sector audiovisual galego, considerado como estratéxico para a comunidade.

2. A consolidación de industrias audiovisuais competitivas, con posibilidades de exportar e dar rendibilidade social e económica á cultura galega.

3. A busca da excelencia nos produtos culturais galegos, coa posta en valor da cultura galega a través da creación e divulgación de produtos audiovisuais galegos.

Con esta convocatoria de axudas, a Axencia Galega das Industrias Culturais quere cumprir co establecido no artigo 5 da Lei 4/2008, «En consonancia cos seus obxectivos e fins, a Agadic exercerá as seguintes funcións:

c) Promover a distribución e comercialización dos produtos culturais dentro e fóra do noso país, fomentando a captación de públicos e facilitando o acceso da cultura galega a novos mercados internacionais.

f) Fomentar a creación, o mantemento e a utilización de infraestruturas e equipamentos por parte dos axentes culturais, en especial o impulso de centros que faciliten o acceso á cultura dos cidadáns e das cidadás.

h) Impulsar a cooperación e o asociacionismo entre os traballadores e traballadoras e as empresas dos distintos sectores culturais, así como as medidas do sector profesional galego para aumentar a súa presenza e competitividade nos mercados culturais, en especial no apoio ás exportacións de bens e servizos culturais galegos».

Por todo isto, en consonancia cos seus obxectivos inmediatos, apróbanse as bases e a convocatoria pública de subvencións á promoción e difusión do cine galego a través da participación de filmes galegos en festivais e mostras de cine de prestixio nacional e internacional que se celebren fóra de Galicia para o exercicio 2017, de acordo coas seguintes bases:

Primeira. Obxecto, finalidade e principios de xestión

1. Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para contribuír á promoción e difusión do cine galego a través da participación de filmes galegos en festivais e mostras de cine de prestixio nacional e internacional que se celebren fóra de Galicia, dentro do marco das competencias deste organismo, e proceder á súa convocatoria para o ano 2017 (código de procedemento CT404B).

2. Estas subvencións son incompatibles con outras axudas para o mesmo proxecto da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e dos seus organismos dependentes.

Estas subvencións son compatibles con outras axudas para o mesmo proxecto do resto da Administración da Xunta de Galicia e organismos dependentes, así como doutras administracións públicas e entidades públicas ou privadas, e con outros ingresos ou recursos para a mesma finalidade. A suma das distintas axudas públicas para a mesma finalidade non pode superar o 100 % do custo do evento.

3. As axudas deberán cumprir as condicións de exención e os límites do artigo 3 do Regulamento (UE) nº 1407/2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis. O importe total das axudas de minimis concedidas por un Estado membro a unha única empresa non excederá os 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais.

4. No desenvolvemento desta resolución aplicarase o disposto nas seguintes leis e disposicións:

a) Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

b) Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

d) Regulamento (UE) nº 1407/2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

5. E supletoriamente:

e) Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, que regula os requisitos de concesión e xustificación de subvencións concedidas na Administración do Estado. Nesta lei recóllense artigos de carácter básico, que son de aplicación á normativa desta comunidade autónoma e, consecuentemente, a esta resolución de convocatoria.

f) Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

g) Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

6. A xestión deste programa realizarase de acordo cos seguintes principios:

a) Publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.

b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Administración outorgante.

c) Eficiencia na asignación de efectivos e na utilización de recursos públicos.

7. As subvencións serán concedidas, de acordo co establecido no artigo 22 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, por procedemento abreviado, dado que non é necesario realizar a comparación de prelación das solicitudes presentadas, ata o esgotamento do crédito orzamentario.

8. Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, os solicitantes declararán non estar incursos en tales circunstancias, consonte o establecido no anexo I desta convocatoria.

Segunda. Persoas beneficiarias

1. Poderán optar a estas axudas todas as persoas físicas ou xurídicas, dedicadas profesionalmente á actividade de creación e produción no eido audiovisual galego, que leven a cabo algunha das actividades descritas como subvencionables na cláusula seguinte.

2. Só poderán participar nesta convocatoria aquelas persoas físicas ou xurídicas que teñan unha participación igual ou superior ao 20 % do proxecto audiovisual. En canto á participación de entidades produtoras, será preciso que a empresa estea dada de alta no IAE na epígrafe 9611. Só se poderá presentar unha única solicitude por obra para cada un dos festivais ou mostras de cine que se describen na cláusula seguinte.

Terceira. Requisitos e contías

1. Será subvencionable a participación de obras audiovisuais galegas en festivais e mostras de cine de carácter nacional e internacional de recoñecido prestixio e ampla capacidade de difusión, que cumpran os seguintes requisitos:

– O festival ou mostra de cine debe terse celebrado entre o 1 de decembro de 2016 e o 30 de novembro de 2017.

– O festival ou mostra de cine corresponderase con algún dos relacionados na cláusula terceira e con algunha das seccións que se especifican.

2. Unha mesma produción poderá optar á axuda correspondente a un máximo de dous certames.

3. Contías.

a) As contías que se adxudicarán, segundo os festivais ou mostras de cinema, e seccións de referencia son as seguintes:

Festivais recoñecidos e clasificados pola FIAPF (Federación Internacional de
Asociacións de Produtores Cinematográficos)

Internationale Filmfestpiele Berlin (Berlinale)

Alemaña

Sección Oficial Competición (e fóra de competición)

5.000

Outras seccións (longas)

3.500

Outras seccións (curtas)

2.000

Festival de Cannes (inclúe Semaine de la Critique e Quinzaine des Realisateurs)

Francia

Sección Oficial Competición (e fóra de competición)

5.000

Outras seccións (longas)

3.500

Outras seccións (curtas)

2.000

Shanghai International Film Festival

China

Sección Oficial Competición

2.500

Moscow International Film Festival

Rusia

Sección Oficial Competición

2.500

Karlovy Vary International Film Festival

República Checa

Sección Oficial Competición

3.500

Outras seccións (longas)

2.000

Outras seccións (curtas)

1.500

Festival del Film Locarno

Suíza

Concorso Internazionale

3.500

Outras seccións (longas)

2.500

Outras seccións (curtas)

1.500

Festival des Films du Monde (Montreal)

Canadá

Sección Oficial Competición

2.500

Outras seccións (longas)

2.000

Outras seccións (curtas)

1.500

La Biennale di Venezia/Mostra Internationale d’Arte Cinematografica (inclúe Settimana della Critica e Giornate degli Autori)

Italia

Sección Oficial Competición (e fóra de competición)

5.000

Outras seccións (longas)

3.500

Outras seccións (curtas)

2.000

Festival Internacional de Cine de San Sebastián

España

Sección Oficial Competición (e fóra de competición)

5.000

Nuev@s Director@s

3.500

Outras seccións (longas)

2.500

Outras seccións (curtas)

1.500

Tokyo International Film Festival

Xapón

Sección Oficial Competición

2.500

Busan International Film Festival

Corea do Sur

World Cinema

2.500

Festival Internacional de Cine de Mar del Plata

Arxentina

Sección Oficial Competición

2.500

Outras seccións (longas)

2.000

Outras seccións (curtas)

1.500

Toronto International Film Festival (TIFF)

Canadá

Calquera sección (longas)

3.500

Calquera sección (curtas)

2.000

Cinema Jove. Festival Internacional de Cine de Valencia

España

Sección Oficial Competición (longas)

1.500

Viennale - Vienna International Film Festival

Austria

Calquera sección (longas)

2.500

Calquera sección (curtas)

1.500

Sitges - Festival Internacional de Cinema Fantastic de Catalunya

España

Sección Oficial Competición

2.500

Outras seccións competitivas (longas)

1.500

Outras seccións competitivas (curtas)

1.000

Festival Internacional de Cine de Gijón

España

Sección oficial Competición (longas)

1.500

International Short Film Festival Oberhausen

Alemaña

Calquera sección

1.500

Zinebi - Festival Internacional de Cine Documental e Curtametraxe de Bilbao

España

Sección Oficial Competición

1.500

Outros festivais e mostras de cinema

International Film Festival Rotterdam

Países Baixos

Tiger Awards Competition (Long Feature Films)

2.500

Tiger Awards Comptetion for Short Films

1.500

Outras seccións (longas)

2.000

Outras seccións (curtas)

1.000

Visions du Réel Nion - Festival International du Cinema

Suíza

Outras seccións (longas)

2.000

Outras seccións (curtas)

1.000

International Documentary Film Festival Amsterdam (IDFA)

Países Baixos

Sección Oficial Competición

2.500

Outras seccións (longas)

1.500

Outras seccións (curtas)

1.000

London Film Festival

Reino Unido

Calquera sección (longas)

2.000

Calquera sección (curtas)

1.000

Buenos Aires Festival Internacional de Cine Independiente (BAFICI)

Arxentina

Competencia Internacional

2.500

Competencia Vanguardia y Género (longas)

2.500

Competencia Vanguardia y Género (curtas)

1.500

Outras seccións (longas)

1.500

Sundance Film Festival

Estados Unidos

Calquera sección (longas)

2.500

Calquera sección (curtas)

1.500

Tribeca Film Festival

Estados Unidos

Calquera sección competitiva (longas)

2.500

Calquera sección competitiva (curtas)

1.500

New York Film Festival

Estados Unidos

Main Slate

2.500

Projections

1.500

Festival international du film d’animation d’Annecy

Francia

Calquera sección (longas)

2.000

Calquera sección (curtas)

1.000

Festival International du Court Métrage à Clermont-Ferrand

Francia

Calquera sección

1.500

Ficunam Festival Internacional de Cine UNAM

México

Calquera sección (longas)

1.500

Festival Internacional de Cine de Guadalajara

México

Calquera sección (longas)

1.500

Festival de Málaga Cine Español

España

Sección Oficial Competición

2.000

Outras seccións (longas)

1.500

Festival Cinéma Espagnol Nantes

Francia

Calquera sección (longas)

1.000

FID Festival International de Cinéma Marseille

Francia

Calquera sección (longas)

2.000

Calquera sección (curtas)

1.000

CinEspaña Festival du Film Espagnol de Toulouse

Francia

Calquera sección (longas)

1.000

Sevilla Festival de Cine Europeo

España

Sección Oficial Competición

2.000

Outras seccións competitivas (longas)

1.500

Outras seccións competitivas (curtas)

1.000

Seminci - Semana Internacional de Cine de Valladolid

España

Sección Oficial Competición

2.000

Outras seccións competitivas (longas)

1.500

Outras seccións competitivas (curtas)

1.000

Hot Docs (Toronto)

Canadá

Calquera sección (longas)

2.000

Calquera sección (curtas)

1.500

Cuarta. Procedemento, orzamento e imputación de créditos

1. Estas subvencións terán carácter anual e admitiranse aqueles gastos que fosen realizados dentro do período comprendido entre o 1 de decembro do ano 2016 e a data máxima de xustificación establecida na presente convocatoria.

2. O importe global máximo para o financiamento da presente convocatoria será de 30.000 euros, suma que irá con cargo á aplicación orzamentaria 2017.10.A1.432B.470.0.

3. O importe previsto poderá ser incrementado ao longo do exercicio, nos supostos establecidos no artigo 31.2 da Lei de subvencións de Galicia, e tras declaración previa de dispoñibilidade de crédito, logo da modificación orzamentaria que proceda. Se é o caso, a ampliación de crédito deberase publicar nos mesmos medios que esta convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.

Quinta. Inicio do procedemento: presentación de solicitudes

1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas e as persoas representantes delas. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Para aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

2. Estas bases, así como as solicitudes e os anexos que se xuntan, así como a guía de procedementos e servizos, estarán dispoñibles no seguinte enderezo web https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos, nas dependencias desta axencia e na súa páxina web, e tamén quedarán expostas no taboleiro de anuncios da Agadic e debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG).

En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo serán comunicados á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.

3. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Sexta. Prazo

1. O prazo para a presentación das solicitudes para os eventos xa celebrados será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Para os celebrados con posterioridade á publicación da presente convocatoria, será dun mes desde que se produza a comunicación oficial, por parte do festival, da selección da obra e, en calquera caso, non poderá exceder o 15 de novembro de 2017. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

2. Se a solicitude non está debidamente cuberta, non se achega a documentación exixida ou non se reunen os requisitos sinalados na normativa da convocatoria ou os que, con carácter xeral, se indican na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o interesado será requirido para que no prazo de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da notificación do requirimento, emende o defecto advertido, a falta detectada ou presente os documentos preceptivos. Indícase ademais que, de non o facer, se considerará que desiste na súa petición, logo de resolución que declarará esta circunstancia e que deberá ser ditada nos termos previstos na lei.

Sétima. Documentación requirida aos solicitantes

1. Ademais da solicitude (anexo I), os interesados nestas subvencións presentarán, con carácter xeral, a seguinte documentación:

– Se a persoa solicitante é persoa xurídica, certificado do acordo de solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine en nome da entidade.

– Estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no rexistro mercantil ou o que corresponda.

– Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.

Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

2. Ademais, as solicitudes deberán ir acompañadas da seguinte documentación técnica:

2.1. Copia da comunicación de selección no festival ou festivais emitida pola organización en que conste a sección ou categoría.

2.2. Orzamento de gastos da presenza da produción no festival (anexo II).

2.3. Copia en DVD da produción obxecto da solicitude.

3. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.

Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se van presentar por parte da persoa solicitante ou representante de forma electrónica supere os tamaños límites establecidos pola sede electrónica, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.

Oitava. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

– DNI ou NIE da persoa solicitante.

– NIF da persoa xurídica solicitante.

– DNI ou NIE da persoa representante.

– Certificado de estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na epígrafe/subepígrafe que corresponda, no exercicio actual.

– Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

– Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

– Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Novena. Transparencia e bo goberno

1. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a consellería responsable da iniciativa publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puideren impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

2. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requerida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Décima. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autorizan as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado «Subvencións», cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Axencia Galega das Industrias Culturais. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Agadic, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Cidade da Cultura de Galicia, Monte Gaiás, s/n, 15707, Santiago de Compostela, ou a través dun correo electrónico a agadic@xunta.gal.

Décimo primeira. Procedemento de concesión das subvencións: instrución e competencia para a avaliación das solicitudes

1. Na concesión das subvencións seguirase un procedemento abreviado en que o informe e a proposta de resolución serán efectuados nun único acto pola dirección da Axencia, que os elevará á presidencia da Agadic para a súa aprobación posterior, consonte o procedemento previsto nos artigos 19.2 e 22 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. As solicitudes de subvención examinaranse e serán outorgadas sempre que cumpran os requisitos exixidos nesta convocatoria por orde cronolóxica, tendo en conta a data de entrada no rexistro da Agadic.

2. Ao se tratar dunha convocatoria aberta que dispón do crédito vixente en actos sucesivos de adxudicación, a Agadic publicará no DOG o esgotamento da partida orzamentaria asignada, así como a inadmisión de ulteriores solicitudes destinadas a participar dos subtipos de subvención indicados. Desde o momento en que se esgote o crédito orzamentario, non serán outorgadas novas subvencións a estas modalidades, sen prexuízo do cumprimento do disposto no artigo 31.4 da Lei de subvencións de Galicia.

3. A dirección da Agadic, directamente ou a través dos seus servizos administrativos, actuará como órgano instrutor do procedemento, nos termos previstos no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e correspóndelle realizar de oficio cantas actuacións considere necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales se debe pronunciar a resolución. En particular, terá atribuídas especificamente as seguintes funcións:

1º. Examinar as solicitudes e documentación presentadas.

2º. Requirir das persoas solicitantes a emenda ou achega da documentación que resulte de obrigado cumprimento.

3º. Formular a proposta de resolución, debidamente motivada.

4. Co fin de facilitar unha mellor avaliación das solicitudes, poderáselles pedir información complementaria aos interesados, así como a outros servizos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ou aos profesionais ou expertos consultados. En todo caso, a dirección da Agadic poderá requirir os solicitantes para que proporcionen calquera información aclaratoria que resulte necesaria para a xestión da súa solicitude.

Sen prexuízo das facultades que teñan atribuídas outros órganos da Administración do Estado ou da comunidade autónoma, a dirección da Agadic e as unidades administrativas encargadas da tramitación e do seguimento do expediente respectivo poderán comprobar en todo momento a aplicación das subvencións concedidas para os fins programados, e levarán a cabo as funcións de control, así como de avaliación e seguimento dos labores e demais actuacións que deriven destas bases. Para estes efectos, os beneficiarios deberán cumprir coas obrigas de comprobación que se establezan nesta resolución e na de adxudicación da subvención. Para realizar estas funcións, poderanse utilizar cantos medios estean á disposición da Dirección da Agadic para comprobar o cumprimento dos requisitos exixidos nesta resolución e na restante normativa vixente que resulte de aplicación.

5. O presidente do Consello Reitor da Agadic deberá ditar resolución expresa no prazo de 15 días desde a data de elevación das propostas de resolución. As citadas resolucións deberanse ditar e notificar no prazo máximo de cinco meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria pública no Diario Oficial de Galicia, serán motivadas e farán mención expresa dos beneficiarios, da contía da axuda, da porcentaxe de axuda sobre o investimento subvencionable e a distribución da axuda por anualidades. Se transcorrese o prazo máximo para resolver sen que se dite resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

6. A resolución da convocatoria porá fin á vía administrativa e contra ela poderanse interpor os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante a presidencia do Consello Reitor da Agadic, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta fose expresa.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta fose expresa.

Décimo segunda. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando as persoas interesadas resulten obrigadas a recibilas por esta vía. As persoas interesadas que non estean obrigadas a recibir notificacións electrónicas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou deixen de practicar por medios electrónicos.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel). No caso de persoas interesadas obrigadas a recibir notificacións só por medios electrónicos, deberán optar en todo caso pola notificación por medios electrónicos, sen que sexa válida nin produza efectos no procedemento unha opción diferente.

4. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou fose expresamente elixida polo interesado, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico practicarán a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

6. Unha vez notificada a resolución, os beneficiarios comunicarán á Agadic a aceptación por escrito da subvención concedida no prazo máximo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da notificación da resolución de concesión. Transcorrido este prazo sen comunicarse esta aceptación ou sen producirse manifestación expresa, entenderase como tacitamente aceptada.

Décimo terceira. Pagamento e xustificación

1. O pagamento das axudas farase efectivo a partir da data da resolución definitiva de concesión e realizarase sempre e cando se acredite que a actividade foi executada de acordo co proxecto presentado e se xustifique correctamente o seu emprego, todo isto sen prexuízo do réxime de pagamentos á conta.

2. O prazo de xustificación da subvención é de 15 días desde a data de notificación da concesión no caso das subvencións concedidas para eventos anteriores á convocatoria, e de 15 días desde a presentación da película no festival ou mostra, para as subvencións que se concedan para eventos posteriores á convocatoria. En todo caso, o prazo máximo de xustificación rematará o día 15 de decembro.

Transcorrido este prazo sen que se presente a xustificación ante a Agadic, requirirase o beneficiario para que a presente no prazo improrrogable de 10 días. A falta de xustificación neste prazo comportará a perda do dereito ao cobramento da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

3. Non se poderá realizar en ningún caso o pagamento da subvención outorgada mentres o beneficiario non figure ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias estatais, autonómicas e da Seguridade Social, sexa debedor en virtude de resolución declarativa da procedencia de reintegro ou teña algunha outra débeda pendente, por calquera concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma galega. A Agadic está autorizada para proceder á comprobación e conseguinte verificación destes datos.

4. Sen prexuízo das obrigas dispostas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os beneficiarios das subvencións quedarán obrigados a destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos. As actuacións subvencionadas deberán axustarse fielmente ao proxecto presentado. Calquera alteración relevante do proxecto deberá ser autorizada pola Axencia Galega das Industrias Culturais e non poderá afectar aspectos avaliados pola Comisión.

5. A documentación xustificativa da subvención incluirá o custo total da actividade subvencionada e constará dos seguintes documentos:

a) Memoria de actuación que xustifique o cumprimento das condicións exixidas nestas bases reguladoras, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos.

b) Memoria económica abreviada co contido seguinte: estado representativo dos gastos realizados nas actividades subvencionadas, con identificación do acredor e do documento, do seu importe, data de emisión e data de pagamento. Deberá indicarse expresamente a que conceptos subvencionables corresponden as facturas presentadas. No caso de que a subvención se otorgue consonte un orzamento, indicaranse as desviacións producidas. A memoria deberá incluír un orzamento con IVE e outro sen IVE.

c) Facturas ou documentos, de acordo co establecido no artigo 6 do Real decreto 1496/2003, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación e se modifica o Regulamento do imposto sobre o valor engadido, orixinais ou compulsados, de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil e con eficacia administrativa, e documentos xustificativos do seu pagamento polo beneficiario, orixinais ou compulsados, incorporados na mesma orde que na relación a que se fai referencia no parágrafo anterior.

d) Copia en formato electrónico dos contidos das actuacións realizadas obxecto de axuda (insercións, folletos, catálogos, fotografías, proxectos, acordos e demais documentación).

6. Será requisito necesario para o pagamento da subvención outorgada a entrega dunha declaración comprensiva de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas para a mesma finalidade das administracións públicas competentes ou doutros entes públicos e privados, así como das axudas concedidas en réxime de minimis ou, de ser o caso, declaración de que non solicitou ou percibiu outros ingresos ou subvencións (anexo III).

Décimo cuarta. Obrigas dos beneficiarios

O beneficiario deberá cumprir as seguintes obrigas:

a) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, ingresos, axudas ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera das administracións públicas ou entes públicos autonómicos, nacionais ou internacionais, así como calquera outra modificación das circunstancias que no seu día foron tidas en conta para a súa concesión, e dos compromisos e obrigas asumidos polos beneficiarios. Esta comunicación deberase efectuar no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos (anexo III).

b) Levar a cabo a actividade subvencionada de acordo co proxecto presentado.

c) Proporcionar en todo momento a información que sexa solicitada respecto da subvención concedida e someterse ás actuacións de comprobación da Agadic, da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, segundo o establecido no título III da Lei 9/2007, ou do Consello de Contas ou Tribunal de Contas, segundo a súa normativa.

d) Facer constar os logotipos da Agadic e da Xunta de Galicia, segundo a súa normativa básica de identidade corporativa, en todos os elementos de difusión relacionados coa actividade subvencionada, excepto no suposto de que a actividade se iniciase antes da presentación da solicitude.

e) O beneficiario deberá dar cumprimento ás obrigas de publicidade que se establecen no artigo 18 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, modificado polo artigo 30 da Lei estatal 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa.

f) Outras obrigas previstas na normativa de subvencións.

g) Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes empresas, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren, ou salvo que o gasto se fixese antes da solicitude da subvención.

Décimo quinta. Gastos subvencionables

1. Gastos inherentes á participación de películas galegas nalgún dos eventos da base, que consistan en:

a) Gastos en campañas de publicidade e promoción da participación no festival.

b) Gastos de material promocional (folletos, carteis, carpetas de prensa…) realizado en exclusiva para o evento.

c) Gastos de contratación de empresas de relacións públicas ou axentes de prensa para realizar exclusivamente o labor durante o evento.

d) Gastos de transporte para o envío e retorno do material promocional.

e) Gastos de desprazamento, aloxamento e axudas de custo do equipo da película, debidamente xustificado con facturas dos provedores dos servizos (establecementos, empresas de transportes ou axencia de viaxes), para un máximo de cinco persoas.

f) Gastos de tiraxe e/ou subtitulado das copias exixidas para participar en cada evento, conforme o seu regulamento.

g) Gastos varios (ata un 5 % do importe da subvención).

2. De acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, consideraranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable respondan á realización do proxecto. Só se admitirán aqueles gastos que fosen realizados dentro do período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2017 e a fin da data de xustificación establecida na presente convocatoria.

3. De conformidade co artigo 29.7 da Lei de subvencións de Galicia, non serán gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, nin os impostos persoais sobre a renda, os xuros debedores de contas bancarias, os xuros, recargas e sancións administrativas e penais, nin os gastos de procedementos xudiciais.

Décimo sexta. Modificación, revogación e reintegro

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, e en todo caso a obtención concorrente doutras subvencións, axudas ou recursos, ou doutras achegas fóra dos casos permitidos nas normas reguladoras, poderá dar lugar á modificación da resolución inicial de concesión e, eventualmente, á súa revogación nos termos establecidos na súa normativa reguladora. En tal caso a Agadic procederá a reclamar o conseguinte reintegro, total ou parcial, da suma concedida á compañía adxudicataria nos termos anteriormente estipulados.

2. Procederán a nulidade e a revogación das subvencións concedidas, así como o reintegro total ou parcial das contías percibidas e a exixencia do xuro de de mora correspondente desde o momento do pagamento da subvención ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro, nos supostos de incumprimento das obrigas anteriormente sinaladas, nos casos e termos establecidos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como polo título V do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e en particular, polo incumprimento de calquera dos requisitos e obrigas estipulados nesta convocatoria pública.

3. O reintegro do importe percibido, cando proceda, rexerase polo procedemento establecido no artigo 38 e no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como polo título V do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

En Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2017

Román Rodríguez González
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega
das Industrias Culturais

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file