Para os efectos previstos na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración asinados no primeiro cuadrimestre do ano 2017 e que se relacionan no anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2017
José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia
ANEXO
Asinantes |
Obxecto |
Data da sinatura |
Achega de Portos de Galicia |
Portos de Galicia e a Escola Galega de Administración Pública |
Desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación |
4.1.2017 |
Non ten |
Portos de Galicia e o Concello de Pontedeume |
Execución da obra de mellora da rede de saneamento existente na zona portuaria de Pontedeume |
5.1.2017 |
Non ten |
Portos de Galicia e o Concello de Moaña |
Uso, mantemento e conservación dun edificio no porto de Meira para actividades deportivas, culturais, recreativas e formativas vinculadas con actividades marítimas e portuarias |
11.1.2017 |
Non ten |
Portos de Galicia e o Concello de Marín |
Explotación do inmoble no porto de Aguete |
21.3.2017 |
Non ten |