Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 12 de xullo de 2017 Páx. 33658

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se designan os membros e se fai pública a composición do tribunal que elaborará, supervisará e avaliará as probas para a concesión dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2016/17, e se ditan instrucións para a realización das probas correspondentes.

De conformidade co establecido no artigo 11 e en virtude da autorización da disposición derradeira primeira da Orde do 23 de maio de 2017 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2016/17 (DOG do 7 de xuño),

RESOLVO:

Primeiro

Designar os membros do tribunal para elaborar, supervisar e avaliar as probas para a concesión dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2016/17 e facer pública a súa composición, que é a que figura no anexo desta resolución.

Segundo

Fixar a data, horario, lugares de realización das probas e condicións de presentación dos candidatos e das candidatas.

1. As probas celebraranse o día 7 de setembro de 2017 de acordo co seguinte horario:

9.15 horas, presentación dos candidatos e das candidatas.

10.00 a 12.00 horas, primeira parte da proba.

12.30 a 14.30 horas, segunda parte da proba.

2. Centros en que se realizarán as probas.

Provincia da Coruña:

– CIFP Someso. Rúa Someso, nº 6, A Coruña.

Provincia de Lugo:

– IES Sanxillao. Avda. das Fontiñas, nº 171, Lugo.

Provincia de Ourense:

– IES Ramón Otero Pedrayo. Rúa Padre Feixoo, nº 12, Ourense.

Provincia de Pontevedra:

– IES Sánchez Cantón. Avda. Raíña Victoria, Pontevedra.

Terceiro. Presentación dos candidatos e das candidatas

a) Os candidatos e as candidatas deberán realizar as probas, con carácter xeral, na provincia a que pertenza o centro educativo en que se atope o seu expediente académico. A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa poderá autorizar cambios de sede por causas debidamente xustificadas.

b) Para a realización das probas os candidatos e as candidatas acreditarán a súa identidade co DNI, pasaporte ou calquera outro documento recoñecido en dereito.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2017

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

ANEXO
Tribunal

Titulares:

Presidenta: María del Carmen Cimadevila Cea, subdirectora xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo.

Vogal 1: María Concepción Aramburu Sánchez, inspectora de Educación.

Vogal 2: Faustino Martín González, inspector de Educación.

Vogal 3: Delfín Caseiro Nogueiras, inspector de Educación.

Vogal 4: Raimundo José Naveira Zapata, inspector de Educación.

Suplentes:

Presidente: Manuel Vila López, subdirector xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado.

Vogal 1: Iván Mira Fernández, inspector de Educación.

Vogal 2: Federico Pérez Morán, inspector de Educación.

Vogal 3: Pilar Barandela Sandianes, inspectora de Educación.

Vogal 4: María Ángeles Aramburu Núñez, inspectora de Educación.