En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo terceiro, e 9.1 da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia (DOG nº 133, do 12 de xullo), e nos artigos 8 e 10 do Regulamento de réxime interno deste (DOG nº 114, do 11 de xuño de 1996), e de acordo coas propostas efectuadas polas entidades correspondentes,
DISPOÑO:
Artigo único
Nomear membros suplentes do Consello Económico e Social de Galicia as seguintes persoas:
– Lucía Freire Ces, en representación da Confederación Intersindical Galega (CIG).
– Carmen Abad Pita, en representación de Confrarías de Pescadores de Galicia.
Santiago de Compostela, catro de xullo de dous mil dezasete
Alberto Núñez Feijóo
Presidente