Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 13 de xullo de 2017 Páx. 33854

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ortigueira

EDICTO (DCT 304/2016).

Cédula de citación.

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Ortigueira, 12 de xuño de 2017.

Vistos por min, Diana Vales Laguna, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ortigueira, os presentes autos de divorcio contencioso rexistrados co número 304/2016, en que interviñeron, como demandante Nea Gina Hritac (de solteira Zarafan), asistida da letrada María Isabel Barcón Montero e representada pola procuradora Ana Isabel Fernández Álvarez, e como demandado, Ciprian Dumitru Hritac, declarado en rebeldía procesual, con intervención do Ministerio Fiscal.

Resolvo.

Que estimando totalmente a demanda presentada pola procuradora Ana Isabel Fernández Álvarez, en nome e representación de Nea Gina Hritac (de solteira Zarafan), debo acordar e acordo a disolución por divorcio do matrimonio formado por Nea Gina Hritac (de solteira Zarafan) e Ciprian Dumitru Hritac, con todos os efectos previstos na lei. En diante, tal situación deberase rexer polas medidas seguintes:

1º. A patria potestade será compartida por ambos os dous proxenitores con respecto ao fillo menor de idade.

2º. A garda e custodia do fillo menor de idade será exercida pola nai.

3º. Os períodos de vacacións repartiranse da forma establecida no suplico da demanda.

4º. Ciprian Dumitru Hritac entregará a Nea Gina Hritac (de solteira Zarafan) unha cantidade mensual de 300,00 euros en concepto de pensión de alimentos para o fillo menor de idade, que ingresará antes do día 5 de cada mes na conta que se designe para o efecto. Esta cantidade aumentará anualmente segundo o incremento do IPC que publique o INE ou organismo que o substitúa.

Os gastos extraordinarios do menor sufragaranse por metades. Considéranse gastos extraordinarios os gastos médicos non cubertos pola Seguridade Social, matrículas, vacacións, clases particulares, actividades, excursións, odontólogos, oculistas, etc., sempre logo da presentación da factura correspondente.

Non se efectúa expreso pronunciamento acerca das custas procesuais».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Ciprian Dumitru Hritac, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Ortigueira, 22 de xuño de 2017

O/A letrado/a da Administración de xustiza