Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 13 de xullo de 2017 Páx. 33825

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 4 de xullo de 2017 pola que se declaran aptos na fase de prácticas os opositores que superaron os procedementos selectivos convocados pola Orde do 4 de abril de 2016 (Diario Oficial de Galicia do 19 de abril).

A Orde do 4 de abril de 2016 (DOG do 19 de abril) pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de inspectores de Educación, ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, establece na súa base décimo oitava que os aspirantes que resulten seleccionados quedan obrigados a incorporarse aos destinos que a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos lles adxudique para a realización da fase de prácticas.

Pola Orde do 29 de xullo de 2016 (DOG do 19 de agosto) nomeáronse funcionarios en prácticas os opositores que superaron o proceso selectivo para ingreso e acceso ao corpo de inspectores de Educación e mestres convocado pola Orde do 4 de abril de 2016 (DOG do 19 de abril), agás Santiago Eduardo Pato Rodríguez, a quen se lle concede o aprazamento da fase de prácticas.

Na dita Orde do 29 de xullo de 2016 tamén se nomearon funcionarios en prácticas do corpo de mestres os opositores Fernando Eijo Díaz, Adela Guinarte Varela e Alicia Elena Gómez Pérez, que tiñan aprazamento na citada fase de prácticas, e a Ana Belén Marcos Gómez, que non completara a fase de prácticas, e que foron seleccionados no proceso selectivo para ingreso e acceso ao corpo de inspectores de educación e de mestres convocado pola Orde do 11 de marzo de 2015 (DOG do 18 de marzo).

Pola Orde do 2 de setembro de 2016 (DOG do 14 de setembro) nomeáronse funcionarios en prácticas os opositores que superaron o proceso selectivo para ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario e ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, convocado pola Orde do 4 de abril de 2016 (DOG do 19 de abril), agás Rubén Figueroa Sestelo, do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de Matemáticas, e Rafael López García, do corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidade de Sistemas e Aplicacións Informáticas, aos cales se lles concede o aprazamento da fase de prácticas.

Pola dita Orde do 2 de setembro de 2016 tamén se nomeou funcionario en prácticas a Miguel Guido González Szamoscki, que tiña concedido aprazamento da fase de prácticas pola especialidade de inglés e que fora seleccionado no proceso selectivo para ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario convocado pola Orde do 17 de marzo de 2014 (DOG do 26 de marzo).

Con data do 1 de setembro de 2016 incorporáronse a un centro para a realización da fase de prácticas.

Finalizada a fase de prácticas e vistas as propostas efectuadas polas comisións avaliadoras, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro. Declarar aptos na fase de prácticas e aprobados definitivamente os opositores seleccionados no procedemento selectivo para ingreso e acceso ao corpo de inspectores de Educación, ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional e ao corpo de mestres convocado pola Orde do 4 de abril de 2016 (DOG do 19 de abril), agás Santiago Eduardo Pato Rodríguez, do corpo de mestres, por ter concedido o aprazamento da fase de prácticas, Cristina Campos Alonso tamén do corpo de mestres, por non completar a fase de prácticas, Rubén Figueroa Sestelo, do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de Matemáticas, e Rafael López García, do corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidade de Sistemas e Aplicacións Informáticas, xa que ambos teñen concedido o aprazamento da fase de prácticas.

Segundo. Declarar aptos na fase de prácticas e aprobados definitivamente os opositores do corpo de mestres Fernando Eijo Díaz, Adela Guinarte Varela e Alicia Elena Gómez Pérez, que tiñan aprazamento na citada fase de prácticas, e Ana Belén Marcos Gómez, tamén do corpo de mestres, que completou a fase de prácticas, e que foron seleccionados no proceso selectivo para ingreso e acceso ao corpo de inspectores de educación e de mestres convocado pola Orde do 11 de marzo de 2015 (DOG do 18 de marzo).

Terceiro. Declarar apto na fase de prácticas e aprobado definitivamente o opositor Miguel Guido González Szamoscki, que tiña concedido aprazamento na citada fase de prácticas pola especialidade de inglés e que foi seleccionado no proceso selectivo para ingreso e acceso ao corpo profesores de ensino secundario convocado pola Orde do 17 de marzo de 2014 (DOG do 26 de marzo).

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria