Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 13 de xullo de 2017 Páx. 33871

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización do contrato relativo á execución da primeira fase (demolicións) das obras de rehabilitación do antigo hospital xeral como futura Cidade da Xustiza de Vigo.

Para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo de obras:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número do expediente: 2017-OBRDEM 01-MP.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=109592

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de obras.

b) Descrición: primeira fase (demolicións) das obras de rehabilitación do antigo hospital xeral como futura Cidade da Xustiza de Vigo.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) CPV: 45110000-1.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia (DOG).

f) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG: nº 32, do 15 de febreiro de 2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria, anticipada de gasto e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 2.923.277,84 €.

5. Orzamento base de licitación: 2.657.525,31 €. Importe total: 3.215.605,63 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 15 de xuño de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 20 de xuño de 2017.

c) Contratista: UTE Hospital Xeral Xestión Ambiental de Contratas, S.L-Orega, S.L.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 1.535.252,37 €. Importe total: 1.857.655,37 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2017

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza