Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 13 de xullo de 2017 Páx. 33839

IV. Oposicións e concursos

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2017 pola que se convoca un posto de persoal directivo vacante para a súa cobertura (director/a da Área de Internacionalización).

En virtude da autorización outorgada polo Consello de Dirección do 2 de decembro de 2010, para proceder á convocatoria de prazas vacantes na estrutura do Igape, e no uso das facultades conferidas pola Resolución do 23 de decembro de 2016 de delegación de facultades publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 23, do 2 de febreiro de 2017, esta dirección

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para a cobertura do posto que se indica no anexo I desta resolución, cuxas funcións se encontran publicadas na estrutura orgánica do persoal directivo do Instituto, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 79, do 25 de abril de 2011, mediante Resolución do 14 de abril de 2011 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) que aproba a reorganización do seu persoal directivo. Os/as directores/as de área dependen organicamente do/da director/a xeral e funcionalmente do/da secretario/a xeral.

Segundo. Aprobar as bases polas que se rexerá o proceso de selección que se inclúen no anexo II.

Para participar nesta convocatoria, os/as candidatos/as utilizarán o modelo de solicitude que se inclúe no anexo III.

Terceiro. Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da cidade de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2017

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO I

Código: IN.IGAPE.00.004.4050400.

Denominación do posto: director/a da Área de Internacionalización.

Dependencia: Instituto Galego de Promoción Económica.

Localidade: Santiago de Compostela.

Forma de provisión: persoal directivo (artigo 79 da Lei 16/2010, do 17 de decembro).

Directivo do grupo II, nivel 2.

Tipo de persoal: alta dirección.

ANEXO II
Bases reguladoras da convocatoria da selección para o posto de director/a
da Área de Internacionalización do Instituto Galego de Promoción Económica

1. Obxecto da convocatoria.

Esta convocatoria ten por obxecto a cobertura do posto de director/a da Área de Internacionalización do Instituto Galego de Promoción Económica.

2. Vínculo.

O vínculo da persoa seleccionada formalizarase mediante contrato laboral de alta dirección ao abeiro do previsto no Real decreto 1382/1985, do 1 de agosto, polo que se regula a relación laboral de carácter especial do persoal de alta dirección, no artigo 17 do Decreto 119/2012, do 3 de maio, polo que se regulan as retribucións e percepcións económicas aplicables aos órganos de goberno ou dirección e ao persoal directivo das entidades do sector público autonómico e na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

O/a director/a estará suxeito/a ao réxime de incompatibilidades recollido na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas, de acordo co establecido na devandita lei, o/a director/a, entre outros:

• Non poderá compatibilizar a súa actividade pública co desenvolvemento, por si mesmo ou mediante substitución de persoa interposta, de calquera outro posto, profesión ou actividade, públicos ou privados, por conta propia ou allea.

• Durante os dous anos seguintes á data do seu cesamento, non poderá realizar actividades privadas relacionadas con expedientes sobre os cales tivese ditado resolución no exercicio do cargo nin asinar contratos de asistencia técnica, de servizos ou similares coas administracións públicas. A aplicación deste pacto de non concorrencia (regulado no artigo 8 do Real decreto 1382/1985, do 1 de agosto) xustifícase en termos de confidencialidade e implicará unha compensación económica axeitada ao/á director/a seleccionado/a.

3. Funcións do/a director/a.

Son funcións propias do/da director/a as establecidas na Resolución do 14 de abril de 2011 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) que aproba a reorganización do seu persoal directivo. Destacar, sen carácter exhaustivo, as seguintes:

• Promover un incremento da cota de mercado internacional do empresariado galego.

• Promover a entrada de investimento foráneo en Galicia de carácter produtivo, de cara a unha mellora do índice de emprego na nosa comunidade autónoma.

4. Requisitos dos/das aspirantes.

Os/as aspirantes deben reunir os requisitos seguintes:

a) Ter nacionalidade española, ser nacional dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou ser nacional dalgún Estado en que, en virtude dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as. Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, os cónxuxes dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea sempre que non estean separados de dereito. Nas mesmas condicións, poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores de idade dependentes. Así mesmo, poderán participar os estranxeiros con residencia legal en España.

b) Non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitacións física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

c) Ter cumpridos os dezaseis anos.

d) Non ter sido separado/a do servizo de calquera Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin estar inhabilitado/a por sentenza firme para o exercicio de funcións públicas. Os/as aspirantes que non teñan a nacionalidade española deberán acreditar, igualmente, non estar sometidos/as a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.

e) Non atoparse en situación de inhabilitación absoluta ou especial para os empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desenvolvían no caso de persoal laboral, no que fora separado/a ou inhabilitado/a.

f) Estar en posesión dunha titulación superior universitaria de: licenciatura ou grao en Economía ou Administración e Dirección de Empresas.

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberase estar en posesión da credencial que acredite a súa homologación ou validación, de ser o caso.

Estes requisitos deberán cumprirse tanto no momento da selección como no da formalización do contrato.

5. Solicitudes e prazo de presentación.

As solicitudes para participar nesta convocatoria, presentaranse no Rexistro do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) Complexo Administrativo de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, ou nas oficinas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Neste caso, deberá remitirse por fax ao seguinte número: 981 54 11 20, e antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes, a solicitude rexistrada e a relación individualizada dos méritos que se aleguen.

A solicitude deberá reunir todos os datos de identificación requiridos.

Na solicitude os/as aspirantes deberán presentar declaración responsable de que reúnen todos e cada un dos requisitos exixidos.

A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras e, ao abeiro do establecido nos artigos 2 e 3 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización de medios electrónicos, implicará a autorización ao Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para comprobar os datos de carácter persoal que figuren no documento DNI/NIE da persoa que teña a condición de interesada, por medio do acceso telemático ao servizo horizontal de acceso ao Sistema de verificación de datos de identidade e de residencia do Ministerio de Administracións Públicas. Non obstante, o/a solicitante poderá denegar expresamente o consentimento; daquela, deberá presentar, xunto coa solicitude, unha copia cotexada do documento de identidade en vigor.

Así mesmo, deberá presentar copia cotexada do título universitario exixido ou certificación académica que acredite ter realizados os estudos para a obtención do título ou, de ser o caso, documento que acredite fidedignamente a posesión do título académico.

Coa solicitude tamén deberá relacionar de xeito individualizado cada un dos méritos que aleguen e presentar a documentación acreditativa destes para a súa valoración, ben orixinal ou ben fotocopia cotexada.

Así mesmo, coa solicitude terá que achegarse o plan de actuación (recollido no punto 8 das presentes bases) en soporte papel e en formato electrónico.

O domicilio que figure nas instancias considerarase como o único válido para os efectos das notificacións e serán responsabilidade do/da aspirante tanto os erros na súa consignación como a comunicación de calquera cambio.

O prazo para a presentación de solicitudes rematará o décimo día hábil, contado desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

6. Admisión de aspirantes.

Tras a finalización do prazo de presentación das solicitudes de participación, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) ditará resolución en que se aproben as listas provisionais de admitidos e excluídos, con indicación das causas de exclusión.

A lista publicarase na páxina web do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e as persoas interesadas disporán dun prazo de tres (3) días hábiles, contado desde o seguinte ao da súa publicación na páxina web, para presentar as reclamacións que consideren oportunas.

Unha vez resoltas as reclamacións, ditarase resolución en que se aprobe a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas.

Esta resolución farase pública na páxina web do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

Todas as publicacións referidas a esta convocatoria faranse ademais no taboleiro de anuncios do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

7. Tribunal de selección.

O tribunal de selección será nomeado por resolución do director do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e será constituído unha vez publicada na web do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) a relación definitiva de aspirantes. Serán de aplicación a este órgano as instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos órganos de selección do 11 de abril de 2007, modificadas polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 8 de abril de 2010.

O tribunal terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón do servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia.

Para os efectos do previsto no dito decreto, entenderase que a designación do tribunal implicará a autorización da orde de servizo para que os seus membros se poidan desprazar ao lugar acordado para cada unha das sesións convocadas dentro do número máximo autorizado.

A Dirección Xeral da Función Pública determinará o número máximo de sesións autorizado ao tribunal e poderá amplialo baseándose en causas xustificadas.

8. Procedemento selectivo.

Unha vez comprobado o cumprimento dos requisitos exixidos, a selección será efectuada polo procedemento de concurso que consistirá na valoración dos méritos alegados e acreditados polos aspirantes que se puntuarán de acordo co seguinte baremo, cuxa puntuación máxima é de 100 puntos.

1ª fase: baremación de méritos alegados e valoración dun plan de actuación da Área de Internacionalización.

A puntuación máxima é de 90 puntos conforme a seguinte distribución:

1.1. Méritos, cunha puntuación máxima de 60 puntos.

1.2. Plan de actuación da Área de Internacionalización, cunha puntuación máxima de 30 puntos.

1.1. A valoración dos méritos desenvolverase conforme a seguinte distribución:

1.1.1. Formación, puntuación máxima de 15 puntos.

Por formación valoraranse os cursos, másters ou posgraos, todos eles impartidos por centros oficiais de titularidade pública ou privada homologados, ata un máximo de 15 puntos:

– Ata 10 puntos por (0,03 puntos/hora) por másters ou posgraos de máis de 400 horas relacionados coas funcións do posto.

– Ata 5 puntos (0,03 puntos/hora) por outros cursos relacionados coas funcións do posto.

1.1.2. Experiencia. Corresponde a esta parte a puntuación máxima de 45 puntos.

– Por experiencia laboral de cando menos 5 anos no desempeño de postos con responsabilidade na xestión da internacionalización de empresas: 2,5 puntos por ano ata un máximo de 35 puntos.

– Por experiencia laboral de cando menos 5 anos no desempeño de postos de xestión de persoal e coordinación de equipos de traballo: 1,5 puntos por ano ata un máximo de 10 puntos.

1.2. Plan de actuación da Área de Internacionalización. Corresponde a esta parte a puntuación máxima de 30 puntos.

As persoas aspirantes deberán presentar un plan de actuación en que se recolla a estratexia que se desenvolverá na Área de Internacionalización do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) a medio prazo. Este plan deberá conter as principais accións que se poñerán en marcha, indicando unha planificación estimada delas e o modelo de seguimento e avaliación que se aplicará.

O plan non poderá superar os 30 folios de extensión, a dobre espazo por unha soa cara, letra Arial, tamaño 11.

O plan valorarase conforme os seguintes criterios:

• Pertinencia, entendida como a adecuación dos obxectivos do plan proposto á estratexia e prioridades do Igape.

• Viabilidade, entendida como unha axeitada identificación e tratamento das condicións económicas, materiais, técnicas e humanas necesarias para afrontar as tarefas e conseguir os obxectivos que se propoñen no plan proposto.

• Eficacia, entendida como grao previsible de consecución dos obxectivos e resultados propios do plan proposto.

• Eficiencia, entendida como relación existente entre os obxectivos e os recursos que se consideran para acadalos.

• Sustentabilidade, grao en que os efectos transformadores derivados da posta en marcha do plan proposto poderán ser sustentados no tempo.

• Impacto, valoración e toma en consideración dos efectos directos e indirectos, derivados da posta en marcha do plan proposto.

• Coherencia e grao de consistencia entre os diversos compoñentes do plan proposto en relación cos fins que se propoñen.

Para procederse á valoración do plan de actuación (número 1.2), o/a candidato/a deberá obter, cando menos, 35 puntos na parte de méritos (1.1).

Para acceder á 2ª fase do procedemento selectivo, o/a candidato/a deberá obter, cando menos, unha puntuación total de 55 puntos na 1ª fase. Calquera candidato/a cunha puntuación inferior á sinalada, será excluído/a do procedemento de selección.

O tribunal de selección disporá da facultade de non convocar a defensa do plan de actuación (2ª fase) aqueles/as candidatos/as que, aínda superando os 55 puntos exixidos na 1ª fase, dispoñan dunha puntuación cuxo valor numérico imposibilite matematicamente ser seleccionado/a en relación co resto de candidatos/as.

A relación provisional coas puntuacións obtidas polos/as aspirantes publicarase na páxina web do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e as persoas interesadas disporán dun prazo de tres días hábiles, contado desde o seguinte ao da súa publicación na páxina web, para presentar as reclamacións que consideren oportunas.

Unha vez resoltas as reclamacións, ditarase resolución mediante a que se aproba a lista coas puntuacións definitivas da 1ª fase. Esta resolución farase pública na páxina web do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

Os/as candidatos/as que superen a 1ª fase do procedemento selectivo serán convocados nun prazo máximo de tres días hábiles desde a publicación da lista coas puntuacións definitivas para a defensa dos plans de actuación.

2ª fase: entrevista persoal para defensa do plan de actuación da Área de Internacionalización.

A puntuación máxima correspondente a esta fase é de 10 puntos. A data e o lugar establecidos para a defensa dos plans de actuacións serán publicados no taboleiro de anuncios e na web da Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) con corenta oito horas, polo menos, de anticipación á sinalada para o seu inicio.

Os/as candidatos/as deberán presentarse á proba provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade. Deberán presentar nun tempo máximo de 20 minutos o seu plan, e responder a todas aquelas preguntas e cuestións que permitan valorar a idoneidade da proposta, sen que o tempo de resposta compute para os efectos da duración prevista neste punto.

9. Cualificación e lista de persoas seleccionadas.

A cualificación final virá determinada pola suma das puntuacións obtidas en cada unha das fases.

En caso de empate na puntuación total, dirimirase a favor da persoa que obteña maior puntuación nas distintas fases do procedemento selectivo e pola orde establecida nel (1ª baremación de méritos e valoración do plan de actuación; 2ª defensa do plan de actuación).

De persistir o empate, resolverase a favor do/da aspirante que teña obtivese a maior puntuación na parte de experiencia laboral. Se aínda así persiste o empate, resolverase por sorteo.

Unha vez finalizado o proceso de selección, o tribunal publicará na páxina web e no taboleiro de anuncios do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) as puntuacións obtidas polos aspirantes con indicación do candidato/a seleccionado/a. Establécese un prazo de tres (3) días hábiles, desde a publicación para presentar alegacións. A estimación ou desestimación entenderase implícita na resolución definitiva.

O tribunal elevará ao director do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) a proposta a favor do aspirante que obteña a maior puntuación.

O nomeamento corresponde ao director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), por proposta motivada do Tribunal de Selección.

De non se presentar solicitudes, de non cumprir ningunha das rexistradas os requisitos exixidos ou de ser considerado que ningún dos/as candidatos/as resulta idóneo para o posto, a convocatoria será declarada deserta mediante resolución do director do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

10. Forma de acreditación e valoración dos méritos.

A formación acreditarase mediante a presentación de fotocopia cotexada dos títulos ou certificados correspondentes á especialización, doutoramento, máster ou posgrao nos eidos establecidos, así como ás actividades formativas.

A experiencia profesional acreditarase mediante a presentación do informe de vida laboral ou certificado de aboamento de cotas ao réxime de autónomos se se alegan servizos profesionais por conta propia, contratos de traballo por conta allea ou propia, ou certificación de servizos prestados no sector público, se é o caso. Ademais, o/a aspirante deberá anexar un certificado de tarefas así como calquera outro documento que permita acreditar o cumprimento dos méritos asociados á experiencia laboral.

O tribunal non valorará aqueles méritos das persoas aspirantes que non estean acreditados, nin aqueles posteriores á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

11. Formalización do contrato.

A incorporación ao posto de traballo efectuarase dentro dos 15 días naturais seguintes ao requirimento formal por parte do Igape.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2017

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

missing image file