Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 14 de xullo de 2017 Páx. 34128

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 111/2016).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 111/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Nicolás Miranda Piñeiro contra José Antonio Diaz Gil, sobre despedimento, se ditou dilixencia de ordenación do 22 de xuño de 2017, recorrible en reposición no prazo de tres días, a cal se encontra á súa disposición na sede deste xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a José Antonio Díaz Gil, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no taboleiro de anuncios do xulgado e no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 22 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza