Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 14 de xullo de 2017 Páx. 34163

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2017 pola que se fai pública a formalización dun contrato administrativo (expediente PA 62/2016).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Contratación administrativa da xestión de servizos públicos, na modalidade de concerto, para a reserva e ocupación de prazas no servizo de atención diúrna terapéutica para persoas con discapacidade física no concello de Tomiño mediante tramitación documentalmente simplificada.

1.1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade.

c) Número de expediente: PA 62/2016.

d) Enderezo en internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

1.2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: xestión de servizos públicos.

b) Descrición do obxecto: xestión de servizos públicos, na modalidade de concerto, para a reserva e ocupación de prazas no servizo de atención diúrna terapéutica para persoas con discapacidade física no concello de Tomiño.

c) CPV: 85320000 servizos sociais.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 13 de xaneiro de 2017.

1.3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

1.4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 227.662,60 € (IVE incluído).

1.5. Formalización:

a) Data: 1.5.2017.

b) Contratista: Asociación de Persoas con Discapacidade Vontade.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 143.892 € (exento de IVE).

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2017

O conselleiro de Política Social
P.D. (Orde do 3.3.2016)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social