Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 14 de xullo de 2017 Páx. 34169

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se fai pública a formalización dun contrato de subministracións (expediente 4/2017).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición do obxecto: subministración consistente na adquisición e posta en funcionamento de carretas elevadoras e transpaletas para diversas lonxas pesqueiras de Galicia, ano 2017, catro lotes.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=97653

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE, 31.1.2017; BOE 19.1.2017 e DOG 1.2.2017.

e) División por lotes e número: 4 lotes.

– Lote 1: transpaletas de aceiro inoxidable de 2.500 kg.

– Lote 2: carreta elevadora eléctrica de 3.000 kg.

– Lote 3: carretas elevadoras eléctricas de 2.000 kg.

– Lote 4: carretas elevadoras diésel de 3.000 kg.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto, suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 610.000,00 €; importe IVE (21 %) 128.100,00 €, importe total 738.100,00 €.

Valor estimado: 610.000,00 €.

5. Financiamento: cofinanciado pola Unión Europea-Fondo Europeo Marítimo e de Pesca –FEMP–, nun 75 %. (Eixe/medida 1.4.9: portos pesqueiros, lugares de desembarque, lonxas e ancoradoiros).

6. Adxudicación e formalización do contrato.

Lote 1:

a) Data da resolución de adxudicación: 10.5.2017.

b) Adxudicataria: Gallega de Manutención Galman, S.L.

c) Importe neto: 39.100 € (sen IVE).

IVE 21 %: 8.211 €.

Importe total: 47.311 €.

d) Data de formalización do contrato: 21.6.2017.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: resultou a oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

Lote 2:

a) Data da resolución de adxudicación: 10.5.2017.

b) Adxudicataria: Talleres Torneiro, S.A.

c) Importe neto: 30.590 € (sen IVE).

IVE 21 %: 6.423,90 €.

Importe total: 37.013,90 €.

d) Data de formalización do contrato: 21.6.2017.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: resultou a oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

Lote 3: deserto.

Data da resolución de declaración de deserto: 22.3.2017.

Lote 4: deserto.

Data da resolución de declaración de deserto: 22.3.2017.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2017

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar