Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 14 de xullo de 2017 Páx. 34194

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Casco Vello de Vigo

ANUNCIO de licitación de obras na rúa Cruz Verde número 8.

Aprobados polo Comité Executivo do Consorcio Casco Vello de Vigo, na sesión do día 8 de xuño de 2017, os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexerán a contratación das obras de rehabilitación de edificio na rúa Cruz Verde, nº 8, de Vigo, faise público o expediente e anúnciase a súa licitación:

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información.

a) Organismo: Consorcio Casco Vello de Vigo.

b) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Consorcio Casco Vello de Vigo, praza da Princesa nº 7-1º, Vigo 36202.

2º. Teléfono: 34 986 44 26 38. Fax: 34 986 44 26 39.

3º. Perfil do contratante: http://consorciocascovellovigo.org/category/licitacions-abertas/

4º. Correo electrónico: info@consorciocascovellovigo.org

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obra.

b) Descrición: o contrato a que se refire o presente anuncio ten por obxecto a execución das obras recollidas no proxecto aprobado pola Administración contratante para a rehabilitación do inmoble situado na rúa Cruz Verde, nº 8, de Vigo, así como, se é o caso, as derivadas dos proxectos modificados deste, nos casos previstos e na forma establecida nos artigos 219 e 234 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

c) Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

d) Prazo de execución: 12 meses.

e) CPV (referencia de nomenclatura): 45210000-2.

f) Número de expediente: 145-17/2017.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios de adxudicación que figuran no prego de condicións.

4. Valor estimado do contrato: 226.435,28 euros (IVE excluído).

5. Orzamento base de licitación: 188.695,94 euros (IVE excluído).

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: 0 euros (cero euros).

b) Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación sen IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Véxase prego de cláusulas administrativas particulares. Non procede acreditar clasificación.

8. Presentación de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: as proposicións, así como, se é o caso, as solicitudes de participación, xunto coa documentación preceptiva, presentaranse, dentro del prazo de 26 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia, no Rexistro Xeral do órgano de contratación indicado (días laborables, de luns a venres), das 9.00 ás 13.30 horas, no lugar e forma que se indican nas cláusulas 12 e 13 do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Modalidade de presentación: solicitudes de participación.

c) Lugar de presentación: dependencias do Consorcio Casco Vello de Vigo.

d) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas.

a) Apertura dos sobres: ver perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: os gastos de publicación de anuncios correrán por conta do adxudicatario, cun importe máximo de 1.000,00 euros.

Vigo, 10 de xullo de 2017

Alfonso Ramos Covelo
Xerente do Consorcio Casco Vello de Vigo