Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 228/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Yeprogal 2005, S.L., con intervención procesual do Fogasa, sobre ordinario, ditouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución din:
«Sentenza.
A Coruña, 22 de xuño de 2017.
Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste Xulgado co número 228/2015 sendo parte neste, dun lado como demandante Fundación Laboral de la Construcción, representada pola letrada Tania Marón Fernández, e como demandado Yeprogal 2005, S.L., que non comparece, con intervención procesual de Fogasa, que non comparece, sobre cantidade, pronunciou en nome da súa maxestade o rei, a seguinte sentenza.
Decido que, estimando a demanda interposta pola Fundación Laboral de la Construcción contra Yeprogal 2005, S.L., con citación do Fogasa, debo condenar e condeno esta entidade a aboar á demandante 641,92 euros.
Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.
Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».
E para que sirva de notificación en legal forma a Yeprogal 2005, S.L., expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 22 de xuño de 2017
A letrada da Administración de xustiza


