Con data do 12 de xuño de 2017, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou resolución do expediente sancionador 2017012AL-PO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra contra La Cantina del Berbés, S.L., con CIF B27775626, como titular do establecemento Restaurante Club Náutico Panxón.
Tras intentar a notificación deste acordo consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non se puido practicar, polo que, mediante esta cédula se lle notifíca a La Cantina del Berbés, S.L., con CIF B27775626, como titular do establecemento Club Náutico Panxón, o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para que teña coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, rúa Fernández Ladreda, número 43, 1º andar, e a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da dita lei.
De acordo co establecido no artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, o prazo de ingreso en período voluntario realizarase: 1) se a notificación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte e; 2) se a notificación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou o inmediato hábil seguinte. Todo isto mediante ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de Abanca, do BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, Santander ou http://www.cixtec.es/conselleria, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.
Pontevedra, 23 de xuño de 2017
Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO
Número do expediente: 2017012AL-PO.
Denunciada: La Cantina del Berbés, S.L. con CIF B27775626, como titular do establecemento Restaurante Club Náutico Panxón.
Último enderezo coñecido: plaza José Mogimes, número 1 de Nigrán.
Feito imputado: dúas infraccións en materia de seguridade alimentaria.
Preceptos infrinxidos:
Regulamento (CE) núm. 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios:
Artigo 5. Sistema de análises de perigos e puntos de control crítico. Os operadores de empresa alimentaria deberán crear, aplicar e manter procedementos permanentes baseados nos principios do APPCC [...].
Anexo II: capítulo II, puntos 1 e 2 d); capítulo II, punto 1 d), e capítulo XII.
Regulamento 1169/2011, do 25 de outubro, sobre a información alimentaria facilitada ao consumidor: artigo 9, puntos 1 c) e 2.
Tipificación: dúas infraccións administrativas tipificadas como leves no artigo 51, punto 1, da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.
Sanción imposta: catrocentos euros (400,00 €).