Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 17 de xullo de 2017 Páx. 34383

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 69/2017).

Execución de títulos xudiciais 69/2017

Procedemento orixe: procedemento ordinario 460/2014

Sobre ordinario

Demandante: Fernando Mota Blanco

Avogado: Pedro Blanco Lobeiras

Demandados: Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Arquitectura Pétrea, S.A.

Avogado/a: letrado do Fogasa

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 69/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fernando Mota Blanco, contra a empresa Arquitectura Pétrea, S.A., sobre reclamación de cantidade, ditouse decreto o 23 de xuño de 2017, cuxa parte dispositiva, é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar o executado Arquitectura Pétrea, S.A. en situación de insolvencia total por importe de 2.515,43 euros en concepto de principal, máis 155,36 euros en concepto de xuros de demora, máis 267,07 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

d) Lévese o orixinal ao libro de decretos, deixando testemuño nas presentes actuacións.

Notifíquese ás partes e a Arquitectura Pétrea, S.A., por medio de edictos no DOG, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta no Banco Santander, conta número 5076 0000 64 0069 17. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274 e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta 5076 0000 64 0069 17. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase e indicar no campo de observacións a data da resolución impuganda utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Arquitectura Pétrea, S.A., expido o presente.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza