De conformidade co artigo 47, punto 3, da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental, do 28 de xuño de 2017, do proxecto de ampliación dun centro comercial de carácter individual, no concello de Oleiros (A Coruña), promovido por Qiu Shopping, S.L.
Este informe pódese consultar na seguinte ligazón http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2017
María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático