Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 17 de xullo de 2017 Páx. 34406

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Sarria (expediente IN407A 2017/53-2, 8525 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, Ourense.

Denominación: LMT e CT na rúa Ánxel Fole 8.

Situación: concello de Sarria.

Características técnicas:

1. Centro de transformación prefabricado con envolvente de formigón en superficie para manobra interior telecontrolado GPRS 4L1P 400 kVA/20 kV para unha tensión nominal de 20 kV, relación de transformación 20.000/400 V e illante de aceite mineral.

2. LMT soterrada de 0,009 km, baixo tubo con condutor RHZ1-20L 12/20 kV 1×240 mm2 Al para 20 kV con orixe na conexión coa LMT soterrada existente, procedente da saída SAR 811 (Campo da Feira 11) da subestación de Sarria, no tramo entre os CT existentes Galicia 17 (27CV37) e colexios (27C840) e final na cela de liña proxectada no CT prefabricado proxectado rúa Ánxel Fole, 8.

3. LMT soterrada de 0,009 km, baixo tubo con condutor RHZ1-20L 12/20 kV 1×240 mm2 Al para 20 kV con orixe na conexión coa LMT soterrada existente, procedente da saída SAR 803 (Triacastela-circunvalación Sarria 3) da subestación de Sarria, no tramo entre os CT existentes Rivela (27AG23) e colexios (27C840) e final na cela de liña proxectada no CT prefabricado proxectado rúa Ánxel Fole, 8.

4. LMT soterrada de 0,233 km, baixo tubo con condutor RHZ1-20L 12/20 kV 1×240 mm2 Al para 20 kV con orixe na cela de liña existente praza Galicia (27CM14) alimentado pola LMT soterrada existente, procedente da saída SAR807 (circunvalación 7) da subestación Sarria e final na cela de liña proxectada no CT prefabricado proxectado rúa Ánxel Fole, 8.

5. LMT soterrada de 0,062 km, baixo tubo con condutor RHZ1-20L 12/20 kV 1×240 mm2 Al para 20 kV con orixe na conexión coa LMT soterrada existente, procedente da saída SAR812 (Sarria Villa 12) da subestación Sarria, no tramo entre os CT existentes Peregrino II (27CT40) e colexios (27C840) e final na cela de liña proxectada no CT prefabricado proxectado rúa Ánxel Fole, 8.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 26 de xuño de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo