Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 17 de xullo de 2017 Páx. 34401

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica LMT, CT e RBT Amarante no concello de Antas de Ulla (expediente 001/2016 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.

Denominación: LMT, CT e RBT Amarante.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, 32960 Ourense.

Finalidade: mellorar a calidade da subministración eléctrica na zona.

Características técnicas:

1. Centro de transformación rural, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400 V.

2. Liña de media tensión aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 158 m con orixe no PAL807, condutor tipo LA 30 e final no apoio C-FL-12/2000-H35-CAIII.

3. Liña de media tensión soterrada a 20 kV cunha lonxitude de 335 m con orixe no P.A.S. proxectado no apoio C-FL-12/2000-H35, condutor tipo RHZ1 e final no CT proxectado 250 kVA.

4. Liña de baixa tensión soterrada, cunha lonxitude de 107 m con orixe no CT proxectado, condutor tipo XZ1 e final na rede existente de baixa tensión.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupacion para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro)

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación, figuran no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que estimen oportunas no prazo de vinte días hábiles a contar desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial de luns a venres entre as nove da mañá e as dúas da tarde.

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito aos únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño de 1957).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidera realizar e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 26 de xuño de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 1/2016 AT.

Concello: Antas de Ulla.

Provincia: Lugo.

LMT, CT e RBT Amarante.

Ref. catastral

Nome e apelidos, enderezo

Apoio

Afeccións

Nº predio

Polg.

Parc.

Lugar

Cultivo

m2

ml aér.

m2 aér.

2

78

329

Lamelas da Fonte

Prado

Evangelina Alen

R/ Rodríguez Peña (Hotel Americano), nº 265, Bos Aires, Arxentina

CT

16.0