Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 17 de xullo de 2017 Páx. 34423

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 4 de xullo de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, polo que se fai pública a notificación do expediente de suspensión condicional PSC-PO-0905/2015-PPM e un máis.

Tentada sen éxito a notificación persoal, de conformidade co disposto no artigo 42 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan no anexo a resolución relativa á suspensión condicional que solicitaron no seu día.

Así mesmo, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditado á súa publicación no BOE.

O prazo para presentar alegacións será de quince (15) días, que empezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE. Os expedientes relacionados a seguir están á disposición dos interesados na Consellería do Mar (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, teléfono 981 54 40 38).

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2017

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar

ANEXO

Nº de expediente

Interesado/a

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-PO-0905/2015-PPM

Laura Costas Dios

35948697L

Audiencia previa á revogación

Camiño de Liñares, 22, baixo, San Miguel de Oia, 36390 Vigo, Pontevedra

PSC-PO-0806/2016-PPM

Carlos Miguel Chaves García

35453638N

Audiencia suspensión condicional

Rúa Tinta, 6, 36626 A Illa de Arousa, Pontevedra