Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 18 de xullo de 2017 Páx. 34685

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 29 de xuño de 2017, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se publica a resolución do recurso de reposición interposto contra a revisión do esbozo do monte veciñal en man común Rodela e Touzón, do concello de Castro de Rei (expediente 41/79).

Para os efectos previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, na sesión do día 21 de xuño de 2017, baixo a presidencia de María Olga Iglesias Fontal e coa asistencia dos vogais Josefina Pereira de la Riera e Antonio José López-Acuña Herrero, e da secretaria Lucía Belver Quiroga, ditou a seguinte resolución:

Monte Rodela e Touzón (expediente 41/79), pertencente aos veciños da parroquia de Viladonga, no termo municipal de Castro de Rei. Na reunión do 15 de marzo de 2017, aprobouse unha revisión do esbozo deste monte. Con data 8 de maio de 2017, entra escrito presentado polo presidente da comunidade propietaria do MVMC de Viladonga, en que se interpón recurso de reposición contra o devandito acordo, que considera que non é conforme co plano presentado pola comunidade para a revisión, ao resultar excluído un terreo hoxe identificado coa parcela 132 do polígono 12, que ata hai pouco era titularidade da comunidade e estaba integrada dentro da parcela 129 do polígono 12.

Solicitado informe ao Servizo de Montes con respecto ao exposto no recurso de reposición, emítese o 8 de xuño de 2017, e del conclúse, en resumo, que os procesos de revisión de esbozo definidos na disposición transitoria décimo terceira da Lei 7/2012, considéranse uns procedementos abreviados e sinxelos para corrixir esbozos por falta de precisión e fiabilidade, que deben ser feitos con coidado para evitar afectar intereses de terceiros. Por este motivo, acordouse coa Dirección Xeral de Ordenación Forestal establecer uns criterios mínimos para facelas e, entre outros, destaca a imposibilidade de incorporar superficies de terreo que non estivesen no esbozo inicial e aparezan catastradas a nome de terceiros. Este é o caso que acontece coa parcela reclamada. Esta parcela non estaba no esbozo de clasificación inicial e ao comprobar a titularidade catastral figura a nome de Angelines Veiga Rodríguez e Sergio Ruíz Luna cunha participación do 50 % cada un. Por este motivo non se considerou oportuna a súa inclusión na proposta que o servizo fixo ao Xurado, sen prexuízo de que nun procedemento de deslindamento poida resultar modificado este perímetro.

Examinado o devandito recurso, o xurado, por unanimidade, acorda desestimar o recurso de reposición interposto, de conformidade cos fundamentos que se recollen na correspondente resolución do recurso.

Contra esta resolución, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia se ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Lugo, 29 de xuño de 2017

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Lugo