Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 18 de xullo de 2017 Páx. 34703

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Parlamento de Galicia

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2017 pola que se anuncia a licitación da contratación administrativa para o desenvolvemento e a implantación da sede electrónica.

En cumprimento do disposto no artigo 142 do texto refundido da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, publícase o anuncio de licitación desta contratación administrativa.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Parlamento de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Persoal e Réxime Interior.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Parlamento de Galicia (dispoñible no BOPG núm. 135, do 26 de xuño de 2017, e na páxina www.parlamentodegalicia.gal).

2º. Enderezo: r/ Hórreo, 63.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15701.

4º. Teléfono: 981 55 13 00.

5º. Telefax: 981 55 14 09.

6º. Correo electrónico: contratacion@parlamentodegalicia.gal.

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.parlamentodegalicia.gal.

8º. Data límite de obtención de documentación e información: quince (15) días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

d) Número de expediente: STI-PA-5/2017.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: desenvolvemento e a implantación da sede electrónica.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Lugar de execución:

1º. Enderezo: r/ Hórreo, 63.

2º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15701.

e) Prazo de execución: nove meses desde a súa formalización.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 72200000-7 (servizos de programación de software e de consultoría).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: criterios cuxa cuantificación depende de xuízo de valor, ata 48 puntos. Criterios avaliables mediante a aplicación automática de fórmulas, escalas ou porcentaxes, ata 52 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 180.000,00 € (sen IVE).

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 180.000,00 €. Importe total: 217.800,00 €.

6. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación.

c) Complementaria: non se exixe.

7. Requisitos específicos do contratista:

Os dispostos nas cláusulas quinta e sexta do prego de cláusulas administrativas, e nas correspondentes do prego de prescricións técnicas.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG. Se o último día do prazo de presentación for inhábil, ampliarase o prazo ata o día hábil seguinte.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro do Parlamento de Galicia ou na plataforma de licitación electrónica (https://licitacion.parlamentodegalicia.gal/).

2º. Enderezo: r/ Hórreo, 63.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15701.

4º. Enderezo electrónico: contratacion@parlamentodegalicia.gal.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses desde o remate do prazo de presentación de ofertas.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: dúas sesións públicas, para os sobres B e C.

b) Enderezo: r/ Hórreo, 63.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15701.

d) Data e hora: se lles comunicará aos licitadores e publicarase na páxina web do Parlamento de Galicia.

10. Gastos de publicidade: inserción do anuncio no DOG será por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións: nos pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas, publicados no BOPG núm. 135, do 26 de xuño de 2017, e na páxina:

www.parlamentodegalicia.gal.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2017

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente do Parlamento de Galicia