Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 19 de xullo de 2017 Páx. 34863

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2017, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado mediante a Orde do 18 de maio de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 95, do 22 de maio).

Unha vez recibido o informe-proposta motivado da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, formulada mediante escrito do 4 de xullo de 2017, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, o tribunal nomeado pola Orde do 11 de abril de 2016 (DOG núm. 72, do 15 de abril), en sesión que tivo lugar o día 7 de xullo de 2017,

ACORDOU:

Primeiro. Declarar aptas todas as persoas participantes no período de prácticas a que se refire a base III da convocatoria que figuran no anexo desta resolución e que foron nomeadas funcionarias en prácticas en virtude da Orde do 29 de marzo de 2017 da Consellería de Facenda (DOG núm. 66, do 4 de abril).

A orde de prelación, que se recolle no anexo desta resolución, establécese de acordo coa puntuación obtida no proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado mediante a Orde do 18 de maio de 2015 (DOG núm. 95, do 22 de maio).

Segundo. Declarar, do mesmo xeito, apta no dito curso e de acordo coa mesma proposta a Ana Lozano del Río (34893479H), participante neste curso e que foi incorporada a este por Resolución da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, do 12 de abril de 2017, en virtude da Resolución do 23 de xuño de 2015, da dita secretaría xeral técnica, tras ter superado a fase de oposición do proceso selectivo convocado mediante a Orde do 16 de xullo de 2013 para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas (DOG núm. 140, do 24 de xullo).

A orde de prelación de Ana Lozano del Río será a que lle corresponda atendendo á puntuación obtida na fase de oposición, segundo o establecido no punto quinto da Resolución da Consellería de Facenda, do 21 de abril de 2015, pola que se regula o período de prácticas dos aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado mediante a Orde do 16 de xullo de 2013 (DOG núm. 78, do 27 de abril).

Terceiro. Propoñer as persoas participantes relacionadas no anexo a que se refire o punto primeiro desta resolución para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira, de conformidade co disposto na normativa vixente.

Cuarto. De conformidade co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, nos termos previstos no artigo 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2017

Pablo Leis Mol
Presidente do tribunal

ANEXO
Acceso libre

Nº de orde

Apelidos e nome

DNI

1

Piñeiro González, Manuela

33272206S

2

Lozano del Río, Ana

34893479H

3

García Sánchez, Diana

47369177X

4

Roca Gacio, Iria

79332582Q

5

Ramos Becerra, Manuel Rubén

33544444W

6

López García, Diego

33544746M

7

Ferreiro del Rey, Óscar

32843719H

8

Rossell López, Luís

33539596F