Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 19 de xullo de 2017 Páx. 34916

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2017 pola que se fai pública a declaración de deserto do contrato dos servizos de operación e mantemento de dous helicópteros para a prestación do servizo de salvamento marítimo de Galicia (expediente 5/2017).

Mediante Resolución do 8 de xuño de 2017, a secretaria xeral técnica da Consellería do Mar, actuando en nome e representación da Consellería do Mar, por delegación da conselleira, en virtude das facultades delegadas que lle confire a Orde do 30 de marzo de 2012, da Consellería do Medio Rural e do Mar, publicada no DOG núm. 70, do 12 de abril, de conformidade coa disposición adicional novena do Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, resolveu declarar deserto o procedemento aberto para a contratación dos servizos de operación e mantemento de dous helicópteros para a prestación do servizo de salvamento marítimo de Galicia (expediente 5/2017).

A licitación foi publicada no Diario Oficial da Unión Europea (DOUE) o 14.4.2017, no Boletín Oficial del Estado (BOE) o 27.4.2017 e no Diario Oficial de Galicia (DOG) o 8.5.2017.

Santiago de Compostela, 4 xullo de 2017

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG núm. 70, do 12.4.2012)
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar