Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 19 de xullo de 2017 Páx. 34923

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 29 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se notifica requirimento de documentación no expediente de axuda socioeconómica de prima non renovable PE113D-2015/071-0.

De conformidade co disposto nos artigos 42 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada, sen éxito, a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada o acto administrativo que se sinala no anexo.

A eficacia do acto notificado queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo se computará a partir do día seguinte ao da súa publicación. Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da persoa interesada, en aplicación do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, co obxecto de que se proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar; Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acto notificado.

Disporá dun prazo de dez (10) días hábiles para que alegue ou presente os documentos que considere pertinentes.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2017

Mercedes Rodríguez Moreda
Directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

ANEXO

Nº expediente

Interesado

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PE113D-2015/071-0

Frederick Sonful Armuah

X-4812654-L

Requirimento de documentación da axuda de carácter socioeconómica en concepto de prima non renovable correspondente ao ano 2015

Avda. Espírito Santo

nº 10, 1º B, 36940 Cangas (Pontevedra)