Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 19 de xullo de 2017 Páx. 34882

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (363/2015).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Juan Carlos Espasandín Rodríguez contra Aberman Empresa Constructora, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co procedemento ordinario 363/2015 acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Aberman Empresa Constructora, S.L., en ignorado paradoiro, a fin de que compareza o día 2.10.2017 ás 12.00 horas, en planta baixa, sala 1, Edificio rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, podendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle que a parte demandante solicitou o seu interrogatorio como demandado. Para tal efecto, indícaselle que, se non comparece, poderanse ter por certos os feitos da demanda en que tivese intervido persoalmente e resultaren, en todo ou en parte, prexudiciais (artigo 91.2 da LXS).

Requíreselle para que achegue ao acto do xuízo dos documentos indicados pola parte demandante no outrosí digo segundo do escrito de demanda cuxa copia lle foi entregada coa notificación de data 21.5.2015.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E, para que sirva de citación a Aberman Empresa Constructora, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a súa colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza