Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 20 de xullo de 2017 Páx. 34991

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 11 de xullo de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a publicación das puntuacións definitivas e da relación definitiva de persoas excluídas do baremo para as prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidades de Canto (594403), Clarinete (594404) e Percusión (594422) (anuncio de apertura de prazo do 15 de marzo de 2017, Diario Oficial de Galicia número 58, do 23 de marzo).

Logo de publicadas as puntuacións provisionais e a lista provisional de persoas excluídas do baremo para as prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidades de Canto (594403), Clarinete (594404) e Percusión (594422), e resoltas todas as reclamacións, procede publicar no portal da internet desta consellería as puntuacións definitivas e a relación definitiva de persoas excluídas.

En consecuencia, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Facer públicas no portal da internet desta consellería (http://www.edu.xunta.es) as puntuacións definitivas e a relación definitiva de persoas excluídas do baremo para as prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidades de Canto (594403), Clarinete (594404) e Percusión (594422).

Segundo. Contra as puntuacións definitivas e a relación definitiva de persoas excluídas, que lle pon fin á vía administrativa de acordo co disposto no artigo 4 da Lei galega 6/2001, do 29 de xuño, as persoas interesadas poderán formular, con carácter potestativo, un recurso de reposición ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o xulgado do contencioso-administrativo que sexa competente, segundo o establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2017

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos