Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 21 de xullo de 2017 Páx. 35179

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 7 de xullo de 2017, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se dá publicidade á declaración comprensiva da situación patrimonial dun alto cargo.

O artigo 49.4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece a obriga de todos os cargos públicos incluídos no seu ámbito de aplicación, definido no artigo 37, de cubrir unha declaración comprensiva da súa situación patrimonial, no modelo que aprobe a persoa titular da consellería competente en materia de función pública.

Mediante a Orde do 3 de marzo de 2016 do titular da consellería competente en materia de función pública apróbanse os modelos oficiais de declaracións que deben formular os altos cargos incluídos no ámbito de aplicación da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 44, do 4 de marzo).

Alicia Quintá Carnero foi nomeada e tomou posesión no cargo de xefa de Gabinete e Comunicación da conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. Presentou o anexo IV «Contido da declaración de bens patrimoniais para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia», no Rexistro de Bens Patrimoniais de Altos Cargos.

Procede, en consecuencia, dar publicidade ao contido do anexo presentado para tal efecto, comprensivo da situación patrimonial que declara no momento do seu nomeamento, e que se publica como anexo a este anuncio.

Tal e como consta no referido modelo do anexo IV:

1. Non se inclúen os seguros de vida.

2. No suposto de bens indivisos, indícase o valor que corresponde segundo a porcentaxe de participación do declarante no ben ou dereito patrimonial.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2017

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Titular do cargo: Alicia Quintá Carnero.

Cargo público orixe da declaración: xefa de Gabinete e Comunicación da conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

Motivo: toma de posesión.

I. Activo:

1. Bens inmobles (segundo o valor catastral): 15.988 €.

2. Valor total doutros bens: 94.500 €.

3. Total: 110.488 €.

II. Pasivo (créditos, préstamos, débedas, etc.): 25.500 €.