Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 21 de xullo de 2017 Páx. 35175

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2017, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se que se fai pública a formalización do contrato do servizo de limpeza do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra (expediente 2/2017).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Secretaría Xeral para o Deporte.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Subdirección Xeral de Xestión Deportiva.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=116013

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: limpeza do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.

c) CPV: 90911200-8 Servizos de limpeza de edificios.

d) Medios de publicación e data dos anuncios de licitación: DOUE do 14 de marzo de 2017, BOE núm. 68, do 21 de marzo de 2017, e DOG núm. 62, do 29 de marzo de 2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada e criterio prezo.

4. Valor estimado do contrato: 237.490,62 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 118.745,30 €. IVE (21 %): 24.936,52 €. Importe total: 143.681,33 €.

6. Adxudicación e formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 1 de xuño de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 30 de xuño de 2017.

c) Adxudicataria: ITMA, S.L.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 105.814,07 €. Importe total: 128.035,02 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2017

Marta Míguez Telle
Secretaria xeral para o Deporte