Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 21 de xullo de 2017 Páx. 35092

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2017, da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 23 de marzo de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global que executarán as organizacións non gobernamentais de desenvolvemento, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

Conforme o establecido no artigo 17 da Orde do 23 de marzo de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global que executarán as organizacións non gobernamentais de desenvolvemento, unha vez ultimada a concesión de axudas, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das concedidas, con indicación das entidades beneficiarias, contía e finalidade.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Publicar, no Diario Oficial de Galicia, as axudas concedidas mediante a Resolución do director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, do 23 de xuño de 2017, de conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 23 de marzo de 2017 (DOG núm. 69, do 7 de abril), para a execución de:

– 11 proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global que executarán as organizacións non gobernamentais de cooperación ao desenvolvemento (ONGD), por un importe global de catrocentos mil euros (400.000,00 €) nas contías, beneficiarios e finalidade que se relacionan no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2017

Jesús Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea

ANEXO
Axudas para proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global

Nº expte.

Entidade solicitante

Denominación proxecto

Orzamento total

Subvención concedida

Ano 2017

Ano 2018

Total

PR 804A
2017/08

Asamblea de Cooperación por la Paz agrupada con Agareso

Mellora das capacidades e ferramentas xeradoras de conciencia crítica no ensino infantil, de primaria, de secundaria e universitario galego

47.920,03

18.000,00

27.000,00

45.000,00

PR 804A
2017/19

Arquitectura sen Fronteiras-dem. Galicia agrupada coa Universidade da Coruña

Proxecto de difusión do dereito ao hábitat, con especial incidencia en modelos de gobernanza participativos, a través da sensibilización e a educación non formal de axentes multiplicadores clave e alumnado de secundaria na cidade da Coruña

59.434,00

17.944,00

26.916,00

44.860,00

PR 804A
2017/16

Fundación Entreculturas-Fe y Alegría agrupada con Fundación Ayuda en Acción, Fundación Educo, Fundación Taller de Solidaridad

Campaña mundial pola educación 2018 en Galicia

46.500,00

17.400,00

26.100,00

43.500,00

PR 804A
2017/04

Fundación Entreculturas-Fe y Alegría

Rede solidaria da mocidade: cidadanía global, empoderamento e participación para o cambio social dos grupos solidarios no curso 2017/18

42.081,00

14.000,00

21.000,00

35.000,00

PR 804A
2017/17

Solidariedade Internacional de Galicia agrupada coa Universidade da Coruña (Facultade de Ciencias da Educación)

Investigando a dimensión global da educación para o desenvolvemento na educación secundaria obrigatoria e no ensino superior universitario de Galicia

49.566,73

17.966,00

26.949,00

44.915,00

PR 804A 2017/15

Fundación Intered

Comunidades educativas transformadoras desde a ética do coidado por unha cidadanía local e global

37.358,60

13.925,20

20.887,80

34.813,00

PR 804A
2017/02

Agareso

Fomento da conciencia social, capacidade de comunicación crítica e interrelación entre o global e o local do colectivo adolescente dos municipios de Ames, Bueu, Viana do Bolo, Silleda e A Guarda

34.636,00

13.154,40

19.731,60

32.886,00

PR 804A
2017/06

Fundación Taller de solidaridad

Tecendo conciencias a través do consumo responsable e o comercio xusto no mundo do deporte galego

47.345,00

13.922,00

20.883,00

34.805,00

PR 804A
2017/12

Solidariedade Internacional de Galicia

Horizonte 2030: construíndo liderados positivos para unha xuventude galega transformadora

38.211,13

13.836,40

20.754,60

34.591,00

PR 804A
2017/07

Farmacéuticos Mundi

Repensando o dereito á saúde desde o cine, a fotografía e o teatro social. Sensibilización do estudantado universitario galego en materia de dereitos humanos, acceso á saúde e equidade de xénero

40.395,55

13.998,00

20.997,00

34.995,00

PR 804A
2017/09

Asociación Galega Amarante Setem para o Ecodesenvolvemento

Consume Nós! Colectivos sociais, entidades e a cidadanía de Pontevedra e a súa comarca únense para garantir modalidades de consumo e produción sustentables

24.899,70

5.854,00

8.781,00

14.635,00

TOTAL convocatoria 2017

468.347,74

160.000,00

240.000,00

400.000,00