Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 21 de xullo de 2017 Páx. 35200

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2017 pola que se fai pública a formalización dos contratos administrativos de execución de varias obras públicas hidráulicas, non suxeitos a regulación harmonizada, cofinanciadas nun 75 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020.

A Dirección de Augas de Galicia como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012 de delegación de competencias ditada pola Presidencia da entidade e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto do ente público, contratou as seguintes actuacións:

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.gal e desde a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://augasdegalicia.xunta.gal/.

Tipo de contrato: obra.

Tramitación: ordinaria o expediente de clave OH.336.1109 e ordinaria e anticipada de gasto o expediente de clave OH.227.662.

Procedemento: negociado sen publicidade.

Valor estimado do contrato: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.

Vantaxes da oferta do adxudicatario: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos cales se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia ás dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

2. Obxecto dos contratos: obra.

a) Descrición: bombeo de augas residuais en Santa Marta. Baiona (Pontevedra).

Número de expediente: OH.336.1109.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232152-2.

Medio e data de publicación de licitación: sen publicidade.

Orzamento base de licitación: importe neto: 80.330,55 euros. Importe total: 97.199,97 euros.

Data de adxudicación: 14 de decembro de 2016.

Importe de adxudicación: importe neto: 67.999,81 euros. Importe total: 82.279,77 euros.

Data de formalización do contrato: 28 de febreiro de 2017.

Contratista: Excavaciones y Construcciones Manuel Pérez Portela, S.L.

b) Descrición: renovación da tubaxe de abastecemento na avenida Bos Aires. Mondoñedo (Lugo).

Número de expediente: OH.227.662.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232150-8.

Medio e data de publicación de licitación: sen publicidade.

Orzamento base de licitación: importe neto: 109.724,22 euros. Importe total: 132.766,31 euros.

Data de adxudicación: 30 de marzo de 2017.

Importe de adxudicación: importe neto: 74.067,86 euros. Importe total: 89.622,11 euros.

Data de formalización do contrato: 17 de abril de 2017.

Contratista: Construcciones y Canalizaciones José Saá, S.L.

3. Cofinanciamento da Unión Europea.

As actuacións referidas no punto 2 anterior están cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 % do gasto elixible, no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) Galicia 2014-2020. As actuacións enmárcanse dentro do Programa de desenvolvemento rural na medida 07: servizos básicos e renovación de poboacións en zonas rurais. Submedida 7.2: apoio aos investimentos na creación, mellora ou ampliación de todo tipo de pequenas infraestruturas, incluídos os investimentos en enerxías renovables e aforro de enerxía. Prioridade 6 de desenvolvemento rural: fomentar a inclusión social, a redución da pobreza e o desenvolvemento económico nas zonas rurais. Europa inviste no rural.

O 25 % restante do gasto elixible cofinanciarase por Augas de Galicia nun 17,50 % e polo Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente nun 7,50 %.

4. Outras informacións.

As adxudicacións dos citados contratos, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foron debidamente notificadas aos licitadores e publicadas no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2017

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia

missing image file