Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 21 de xullo de 2017 Páx. 35210

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 16 de xuño de 2017 polo que se notifica a resolución do expediente sancionador en materia de dominio público hidráulico, devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente DH.D15.52440).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles aos herdeiros de Teresa Sofía Noenlle Gómez a Resolución do 20 de marzo de 2017, ditada no expediente sancionador en materia de dominio público hidráulico (expediente DH.D15.52440), pola comisión dunha infracción de carácter leve tipificada no artigo 85.c) da Lei 9/2010, de augas de Galicia.

En cumprimento do artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, o interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpor recurso de alzada, ante o presidente de Augas de Galicia, de conformidade co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de un mes contado desde o día seguinte ao da súa comparecencia ou da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2017

Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia