O artigo 4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, modificado polo Decreto 10/2015, do 22 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, establece o procedemento de catalogación e descatalogación de exemplares e formacións.
As seguintes solicitudes de inclusión de exemplares e formacións no Catálogo galego de árbores senlleiras foron realizadas polas persoas interesadas de acordo a ese procedemento:
Rexistro de entrada: 4757/RX1291544.
Data: 16.5.2017.
Solicitante: Ismael Antonio López Pérez (Asociación Petón do Lobo).
Especie: Quercus robur L.
Localidade: Corcoesto.
Concello: Cabana de Bergantiños.
Provincia: A Coruña.
Rexistro de entrada: 2017/1565613.
Data: 15.6.2017.
Solicitante: María José Veiga Fernández.
Especie: Quercus robur L.
Localidade: Cospeito.
Concello: Cospeito.
Provincia: Lugo.
Rexistro de entrada: 822/RX14856857.
Data: 7.6.2017.
Solicitante: Domingo Valije Pérez.
Especie: Quercus suber L.
Localidade: Salvaterra.
Concello: Salvaterra.
Provincia: Pontevedra.
Rexistro de entrada: 72804/RX1591611.
Data: 19.6.2017.
Solicitante: José María Alonso Fernández.
Especie: Platanus occidentalis L.
Localidade: Tui.
Concello: Tui.
Provincia: Pontevedra.
Rexistro de entrada: 5887/RX1591653.
Data: 19.6.2017.
Solicitante: Ismael Antonio López Pérez (Asociación Petón do Lobo).
Especie: Quercus robur L.
Localidade: Mosteiro.
Concello: Guntín.
Provincia: Lugo.
Rexistro de entrada: 14449/RX1620289.
Data: 22.6.2017.
Solicitante: Fernando Javier Barreiro Millán.
Especie: Chamaecyparis lawsoniana (A. Murray) Parl.
Localidade: Couto de Outeiro.
Concello: Santiago de Compostela.
Provincia: A Coruña.
O artigo 4.4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, establece que as solicitudes de catalogación ou descatalogación de exemplares e formacións, e a documentación presentada xunto a elas, someteranse ao trámite de información pública por un prazo de vinte días, para os efectos de que os interesados poidan presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.
En consecuencia, ábrese un período de información pública das solicitudes de catalogación mencionadas neste anuncio, e a documentación presentada xunto a elas, durante un prazo de vinte (20) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, coa finalidade de que aqueles interesados que se consideren directamente afectados poidan remitir observacións e opinións por escrito, ou ben a través do enderezo de correo electrónico: dxpn.cmot@xunta.gal, poñendo no asunto «Información pública árbores senlleiras».
Durante o citado prazo, a documentación correspondente poderá ser examinada nos seguintes lugares:
– Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.
– Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Coruña, Vicente Ferrer, 2, 15071 A Coruña.
– Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio de Lugo, rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo.
– Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio de Pontevedra, avenida Fernández Ladreda, 43-4º, 36071 Pontevedra.
Durante ese mesmo período poderase consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (http://cmaot.xunta.gal/seccion-organizacion/c/CMAOT_DX_Conservacion_Natureza?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Biodiversidade/seccion.html&std=expedientes_senlleiras.html&sub=Arbores_senlleiras/) a información dos expedientes que non se corresponda con datos de carácter persoal (Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal).
Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2017
Ana María Díaz López
Directora xeral de Patrimonio Natural