Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 28 de xullo de 2017 Páx. 35904

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 16 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o levantamento da suspensión do expediente sancionador na orde social RL 2017/153-1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por correo certificado aos titulares da empresa citada no anexo, sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio o levantamento da suspensión no correspondente expediente sancionador.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados dispoñen do prazo de 10 días, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para alegar o que consideren oportuno.

A Coruña, 16 de xuño de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: RL 2017/153-1.

Acta Inf. nº: I152017000019961.

Empresa: Manuel Presas Navarro.

NIF: 32772960F.

Concello: Sada (A Coruña).

Materia: seguridade e saúde.

Data da comunicación: 23 de maio de 2017.