Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 28 de xullo de 2017 Páx. 35949

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Cogasar, S. Coop. Galega

ANUNCIO.

A sociedade cooperativa agraria Cogasar, S. Coop. Galega, domiciliada no lugar de San Xulián da Veiga, s/n, Sarria, Lugo, CIF F27012434, por medio deste anuncio e en cumprimento do artigo 78 da Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia, comunica que en asemblea xeral ordinaria da cooperativa, do 27 de xuño de 2017, se acordou a fusión, por absorción, da cooperativa coa cooperativa de segundo grao Aira, S. Coop. Galega, mediante a transformación desta en cooperativa de primeiro grao, resultando esta última a sociedade absorbente. A cooperativa resultante denominarase Aira, S. Coop. Galega.

Os acredores terán o dereito a opoñerse nos termos establecidos no artigo 81 da mencionada Lei de cooperativas de Galicia.

Sarria, 17 de xullo de 2017

Antonino Pardo Díaz
Presidente de Cogasar, S. Coop. Galega