Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 31 de xullo de 2017 Páx. 36281

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (207/2014).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 207/2014 por instancia de Beatriz Rubiños Múñiz contra as empresas Ofimega, S.L., a empresa Royal OFI, S.L., o administrador concursal da empresa Royal OFI, S.L., o Fondo de Garantía Salarial sobre cantidade, nos que recaeu sentenza o 3 de xullo de 2017 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Estímase a demanda formulada por Beatriz Rubiños Múñiz fronte ás empresas Royal OFI, S.L., Ofimega, S.L., o administrado concursal da primeira, con intervención do Fondo de Garantía Salarial, con desestimación das excepcións procesuais opostas por Ofimega, S.L. e, en consecuencia.

– Condénase as empresas Ofimega, S.L. e Royal OFI, S.L., a aboar a Beatriz Rubiños Múñiz a cantidade de cinco mil setenta e nove euros con sesenta e cinco céntimos de euro (5.079,65 euros) máis os xuros legais correspondentes, vinculando tales cantidades ao administrador concursal de Royal OFI, S.L.

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita LLoveres, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Royal OFI, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 6 de xullo de 2017

O secretario xudicial