Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 2 de agosto de 2017 Páx. 36583

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica nos concellos de Salvaterra de Miño e As Neves (expediente IN407A 2017/340-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Autoridade Portuaria de Vigo.

Domicilio social: praza da Estrela, 1, 36201 Vigo.

Denominación: LMTS, CT-6 Plisan fase I.

Situación: Salvaterra de Miño e As Neves.

Características técnicas: LMT subterránea (dobre circuíto) a 20 kV con condutor RHZ1 de 4.436 metros, con orixe no límite da parcela da subestación de Salvaterra e final na subestación Salvaterra, facendo entrada e saída nos centros de transformación 1, 2 e 6. Centro de transformación 6 (CT-6) a 250 kVA con RT 20 kV/400V. As instalacións están situadas no recinto da plataforma loxística industrial de Salvaterra-As Neves (Plisan), nos concellos de Salvaterra de Miño e As Neves.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 29 de xuño de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra