Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 2 de agosto de 2017 Páx. 36578

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Sanxenxo (expediente IN407A 2016/608-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Estaciones de Servicio Exnor, S.L.

Domicilio social: rúa Castelao, nº 146, baixo, 36980 O Grove.

Denominación: LMTS, CT Vinquiño II.

Situación: Sanxenxo.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 de 112 metros de lonxitude, con orixe e final no paso aero-subterráneo proxectado no apoio existente número 9RKW90AT/30 da VLG804 Sanxenxo, entre os CT Vinquiño e Fontoira, unha vez entre e saia do centro de transformación proxectado. Centro de transformación de 250 kVA, RT 20 kV/400 V, situado en Vinquiño, Padriñán, Sanxenxo.

Respecto das alegacións presentadas por Salvador Vidal Iglesias, en representación da mercantil Salvador Vidal Santos, S.L., procede indicar:

1. Con data 12 de xaneiro de 2017, Salvador Vidal Iglesias en representación da mercantil Salvador Vidal Santos, S.L., presenta alegacións ante esta xefatura territorial en relación co proxecto LMTS, CT Vinquiño II.

2. Con data 24 de febreiro de 2017 Marta Fernández Chandevila, en representación de Estaciones de Servicio Exnor, presenta escrito en contestación ás alegacións presentadas ante esta xefatura territorial en relación co proxecto LMTS, CT Vinquiño II e xunta anexo para completar o proxecto.

3. Con data 16 de marzo de 2017 os servizos técnicos da Xefatura Territorial emiten informe sobre as alegaciones no expediente IN407A 2016/608-4 LMTS, CT Vinquiño II, no cal se propón a suspensión do expediente ata que se dite sentencia en relación co recurso interposto contra a sentenza que anulaba a licenza de obra outorgada polo Concello de Sanxenxo o 12 de novembro de 2014.

4. Con data 6 de xuño de 2017 Marta Fernández Cachaldora, en nome e representación de Estaciones de Servicio Exnor, S.L.U. entrega escrito ante a Xefatura Territorial no cal achega licenza municipal de obras concedida polo Concello de Sanxenxo relativa ao proxecto de legalización de obras de estación de servizo executadas e modificado básico e execución de servizo con tenda, oficinas e restaurante.

5. Con data 14 de xuño de 2017 a Xefatura Territorial require a Estaciones de Servicio Exnor, S.L.U. a documentación xustificativa dos puntos terceiro, cuarto e sétimo do informe de alegacións de data 16 de marzo de 2017, emitido polos servizos técnicos da Xefatura Territorial. Estaciones de Servicio Exnor, S.L.U., presenta en datas 23 e 28 de xuño de 2017 a documentación xustificativa.

6. Con data 29 de xuño de 2017, os servizos técnicos da Xefatura Territorial informan que procede seguir tramitando o expediente e deixar sen efecto a proposta de suspensión.

En consecuencia, cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 12 meses a partir da recepción da presente resolución. Para os efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra a presente resolución poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 29 de xuño de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra