Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 2 de agosto de 2017 Páx. 36609

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación da Coruña

ANUNCIO de convocatoria de participación no Plan internacional de promoción, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder, período 2014- 2020) da Unión Europea para pemes.

missing image file

A Cámara de Comercio da Coruña anuncia a apertura de convocatoria, que ten por obxecto promover a participación no Plan internacional de promoción, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder, período 2014-2020) da Unión Europea na seguinte acción:

Misión comercial a Polonia, multisectorial: entre o 24 e o 30 de setembro de 2017. A convocatoria abrirase o día 4 de agosto e pecharase o día 4 de setembro de 2017.

Primeiro. Beneficiarios

Pemes, micropemes e autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia.

O número máximo de empresas beneficiarias será de 12.

Segundo. Obxecto

O obxecto da convocatoria é a selección de operacións realizadas polas pemes que contribúan a promover a súa internacionalización e mellorar a súa competitividade, co obxectivo de mellorar a propensión para exportar e a base exportadora da economía española, diversificar os mercados de destino da exportación española e incrementar a competitividade da economía española para impulsar a España como destino de investimento.

Terceiro. Convocatoria

O texto completo da convocatoria estará á disposición das empresas na sede da Cámara da Coruña. Ademais, pode consultarse a través da web www.camaracoruna.com.

Cuarto. Contía

O orzamento máximo de execución das actuacións indicadas a continuación, no marco desta convocatoria da Misión comercial a Polonia para o período 2017, dentro do Programa operativo de crecemento intelixente 2014-2020, é de 25.000 €.

Os recursos estimados para os servizos de apoio prestados pola Cámara de Comercio da Coruña serán de 7.000 €, cofinanciados nunha porcentaxe do 80 % con cargo aos fondos Feder e nunha porcentaxe do 20 % pola Cámara de Comercio da Coruña.

A contía máxima das axudas para outorgar con cargo a esta convocatoria ás empresas participantes nas actuacións obxecto desta convocatoria é de 18.000 € en concepto de subvencións. As axudas serán cofinanciadas nunha porcentaxe do 80 % con cargo a fondos Feder, a través do Programa operativo de crecemento intelixente 2014-2020, e o resto financiarase con cargo ás empresas participantes.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes ábrese tras a publicación deste anuncio o día 4 de agosto e finalizará o día 4 de setembro de 2017.

O modelo de solicitude de participación poderá descargarse na web:

www.camaracoruna.com.

A Coruña, 27 de xullo de 2017

Gonzalo Ortiz Amor
Secretario xeral da Cámara Oficial de Comercio,
Industria, Servizos e Navegación da Coruña

Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional

Unha maneira de facer Europa