Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 2 de agosto de 2017 Páx. 36550

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1211/2014).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1211/2014 por instancia de María del Carmen Pérez Mourelle contra a empresa Asociación Neira e o Fondo de Garantía Salarial sobre reclamación de cantidade, nos que recaeu sentenza en data 4.7.2017 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido:

Estímase a demanda formulada por María del Carmen Pérez Mourelle fronte á empresa Asociación Neira con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa. Asociación Neira a aboar a María del Carmen Pérez Mourelle a cantidade de sete mil setecentos noventa euros con once céntimos (7.790,11 euros).

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita LLoveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Asociación Neira, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 10 de xullo de 2017

A secretaria xudicial